Ari Vatanen: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 22:
'''Ari Pieti Uolevi Vatanen''', nado en [[Espoo]] o [[27 de abril]] de [[1952]], é un ex piloto de [[Rallye]]s e político [[Finlandia|finlandés]].
 
Os seus equipos foron [[Opel]], [[Ford Motor Company|Ford]], [[Peugeot]], [[Subaru]], [[BMW]] e [[Mitsubishi]]. O seu primeiro RallyeRally foi o de Finlandia en [[1974]] e o derradeiro foi no [[2003]] en [[Finlandia]]. O vehiculovehículo que usou no Dakar foi o [[Peugeot]], [[Citroën]], [[Nissan]] e o [[Volkswagen]].
 
==Biografía==
Aínda que naceu en [[Espoo]], na rexión metropolitana de [[Helsinki]], pero medrou na zona rural de [[Tuupovaara]] no leste de [[Finlandia]].
 
Este finés casado e con 4 fillos, comezou a correr no ano 1970, facendo o seu debut profesional nun RallyeRally na súa [[Finlandia]] natal, na súa primeira carreira profesional.
 
No [[1976]] firmou o seu primeiro contrato profesional con [[Ford]]. Porén, non foi ata o [[1980]] cando acadaría o primeiro triunfo importante da súa carreira ós mandos dun [[Ford Escort RS1800 Mk2]],e con [[David Richards]] de copiloto. Rematou a súa carreira no [[Mundial de Rallyes]] do ano [[1998]], pero non se desligou do mundo do automobilismo.
 
No ano [[1993]] radicouse no sur de [[Francia]] onde adquiriu unha granxa e unha viña e interesouse pola política.
Liña 37:
 
== Traxectoria de piloto de automobilismo ==
Vatanen está considerado como un dos mellores pilotos na historia do Mundial de Rallyes, e máis concretamente no Grupo B. O seu debut profesional foi Rallyeun rally na súa [[Finlandia]] natal. Non obstante, non sería ata o [[1976]] cando firmou o seu primeiro contrato profesional con [[Ford]], ano no que acadaría dúas vitorias no Campionato Inglés. Nos anos seguintes, [[1977]] e [[1978]], acadaría outras catro vitorias nos RallyesRallys do Campionato Inglés.
 
No [[1980]] acadou o primeiro triunfo importante da súa carreira ós mandos dun [[Ford Escort RS1800 Mk2]],e con [[David Richards]] de copiloto, Vatanen impúxose no [[Rallye Acrópolis]]. O mérito era enorme, xa que [[Ford]] dedicarase durante o [[1980]] ó desenvolvemento de modelos novos, có que Ari Vatanen encabezou o famoso equipo "Rothmans",totalmente privado.
 
Ari Vatanen seguiu correndo ese ano, logrando outros resultados importantes, como un segundo posto no [[Rallye de 1000 Lagos]] e outro no [[Rallye de San Remo]].
 
O ano [[1981]], foi un dos años máis importantes na vida deportiva do finés, xa que neste ano se fíxose có Campionato do Mundo de Rallyes, despois de colleitar tres vitorias nos Rallyes de [[Rallye de Acrópole|Acrópole]], [[Rallye de Brasil|Brasil]] e novamente no [[Rallye 1000 Lagos|1000 Lagos]]. Converteuse no primeiro e único piloto ata a data en gañar un Mundial de RallyesRallys cun equipo privado.
 
No [[1982]] seguiu correndo co [[Ford Escort RS1800 Mk2]],pero tan só concorreu a un par de probas antes de marchar a [[Opel]]. Sendo neste mesmo ano cando trocou de copiloto, asociándose có veterano [[Terry Arriman]]. Non sendo un bo ano en xeral para Vatanen, tentando acostumarse á sua nova montura, o [[Opel Ascona 400]],un vehículo espectacular, con tracción traseira e 270 CV, que levara a [[Walter Rohrl]] a proclamarse campión do mundo no [[1982]].
 
No [[1983]] Ari Vatanen conseguiría impoñerse no [[Rallye Safari]] coa súa nova montura, sendo esta a única vitoria que acadou có [[Opel Ascona 400]] (Durante este Rallye, Vatanen tería o seu primeiro contacto con [[Jean Todt]]). Ese mesmo ano correría tamén co [[Opel Manta 400]], que viña a ser a continuación do Ascona, inda que este coche non acadou bos resultados nas probas do Campionato do Mundo, aínda que si noutros Rallyes británicos e franceses.
 
No ano [[1984]], [[Jean Todt]], por aquel entón xefe de [[Peugeot Sport]], conseguira que o novo [[Peugeot 205 T16]] (Un dos mellores coches de Rallye da historia), estivera a punto para ese ano. Porén, faltáballe un piloto e só contaba con [[Jean Pierre Nicolás]], alcumado cariñosamente "O gordo". Soando para o posto nomes de pilotos como o de Rohrl, [[Markku Alen]], o malogrado [[Toivonen]]... e Ari Vatanen, que se atopaba nunha situación máis incómoda que os demais, e aceptou a oferta de Jean Todt sen demasiados miramentos. Deste xeito, todo estaba listo para o primeiro Rallye da tempada e o primeiro do [[Peugeot 205 T16]], en [[Córsega]]. O RallyeRally rematou co abandono de Ari Vatanen cando marchaba líder, tras un espectacular accidente a causa da choiva invisible dunha mañá gris; [[Jean Pierre Nicolás]], "O Gordo", remataría nunha meritoria 4ª posición.
 
Despois dun novo abandono no [[Rallye Acrópolis]], chegaría a espectacular racha de triunfos de Vatanen, ata cinco vitorias consecutivas, entre o [[1984]] e o [[1985]], sendo: [[1984]] [[Rallye 1000 Lagos]], [[1984]] [[Rallye de San Remo]],[[1984]] [[Rallye RAC]], [[1985]] [[Rallye de Montecarlo]] e no [[1985]] [[Rallye de Suecia]].
 
Destaca de entre todas elas, unha, a acadada no [[1985]] no [[Rallye de Montecarlo]], que encumbrou a Vatanen á categoría de mito, xa que tras unha penalización de 8 minutos por chegar antes de tempo a un control, Vatanen saíu con todo... "Imos a gañar a pesar de todo", dixo a [[Jean Todt]]. Tramo a tramo, foi gañando tempo a [[Rohrl]], ata o derradeiro tramo, o porto de [[Saint-Raphael]], con rodas de cravos, un coche achegábase á liña de meta. Era Ari Vatanen, dous minutos despois, seguía sen chegar Rohrl. Polo que Vatanen voltaba a tomar a cabeza cun minuto e medio de antelación e gañaba o Rallye. Jean Todt, despois de aquilo, díxolle: "Eu pensaba en Ari. Ningún piloto fixera tal fazaña. Si,de verdade era dos mellores. Dende aquel día eu estaba en débeda con el para toda a vida". Nese mesmo ano producirase o accidente máis grave da súa carreira, acontecido no [[Rallye de Arxentina]]. Na 2ª proba especial, e despois de facer un ''[[scratch]]'' na 1ª especial, Ari Vatanen non chegaba á meta, polo que saíu un [[helicóptero]] na procura do coche, soando pouco despois na radio do box de [[Peugeot]] que localizaran o coche e que tratábase dun accidente moi grave. Ari Vatanen estivo ano e medio sen correr, recuperándose de tan tremendo accidente, pero non esqueceu como se conducía e no [[1987]], ós mandos do [[Peugeot 205]], acada a vitoria no Dakar, con [[Bernard Giroux]] de copiloto.
 
Ese mesmo ano, logrou acabar 2º no [[Rallye 1000 Lagos]] cun [[Ford Sierra Cosworth]].
 
No ano [[1988]] ficha polo equipo [[Mitsubishi]], non sen antes probar un [[BMW M3]] no [[Rallye 1000 Lagos]] dese ano. No [[RallyeRally Dakar]] nese ano, o seu novo coche, o [[Peugeot 405 T16]], foi misteriosamente roubado, quedando o finés eliminado..
 
Sen embargo, logrou resarcirse na edición de [[1989]], gañando novamente o Dakar, con [[Bruno Berglund]] de copiloto. Aínda así, estaba lonxe de acadar aí a súa racha de triunfos na proba africana, xa que no ano [[1990]], novamente co [[Peugeot 405 T16]], e no [[1991]] co [[Citroen ZX Rallye Raid]], volveu a selo máis rápido.
Liña 67:
Así chega ó equipo [[Subaru]] no [[1991]], para correr co [[Subaru Legacy RS|Legacy RS]] (sendo o seu copiloto [[Bruno Berglund]] dende o [[1988]]); acadando como mellor resultado con este coche, un 2º posto no [[Rallye RAC]] de [[Inglaterra]] do [[1992]].
 
No [[1993]], co novo e espectacular [[Subaru Impreza 555]], acada outro 2º posto no [[RallyeeRally 1000 Lagos]], no que era o debut do modelo xaponés en Rallye.
 
Xa chegado o ano [[1994]], Ari Vatanen volta novamente ó equipo [[Ford]] para correr co [[Ford Escort RS Cosworth|Escort RS Cosworth]], acadando como mellores resultados dous terceiros postos, un no [[Rallye de Arxentina]] do ano [[1994|94]], e outro no [[RallyeRally Safari]] do [[1998|98]], se ben aquí xa corría co [[Ford Escort WRC]].
 
No ano [[1998]] deu por rematada a súa carreira no [[Mundial de Rallyes]]. Dende o [[2003]], participa novamente en competicións de RallyeRally, especialmente no RallyeeRally Dakar, e gañou unha das tiradas no [[2005]]. No RallyeeRally Dakar do [[2003]] voltouvolveu a competir acadando 3 vitorias de etapa co seu Nissan nº 204, demostrando que non esquecera facer o que mellor sabía pilotar un coche. Gañando unha das tiradas no RallyeeRally Dakar do ano [[2005]].
 
Disputou un total de 84 probas do Mundial de RallyeesRallys, gañando 10 delas e sendo 2º en 12 das mesmas.
 
==Vitorias no Dakar==
Liña 261:
 
{{DEFAULTSORT:Vatanen, Ari}}
[[Categoría:Campións do Mundial de RallyesRallys]]
[[Categoría:Pilotos de Rallyerally finlandesesde Finlandia]]
[[Categoría:Políticos de Francia]]