Ácido siálico: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 36:
[http://cancerres.aacrjournals.org/content/46/7/3521.short Cancer Research]</ref> <ref>. Dennis, C. Waller, R. Timpl, V. Schirrmacher. Surface sialic acid reduces attachment of metastatic tumour cells to collagen type IV and fibronectin. Nature 300, 274 - 276 (18 November 1982); doi:10.1038/300274a0 [http://www.nature.com/nature/journal/v300/n5889/abs/300274a0.html doi:10.1038/300274a0 ]</ref> Isto favorece o paso destas células á circulación sanguínea.
 
Os ácidos siálicos tamén desempeñan un importante papel nas infeccións [[gripe|gripais]] en humanos. Os virus da gripe ([[orthomyxoviridae]]) teñen glicoproteínas con actividade de [[hemaglutinina]] (HA) na súa superficie , que se unen aos ácidos siálicos que se encontran na superficie dos [[eritrocito]]s humanos e nas membranas das células das vías respiratorias superiores. Esta é a base da hemaglutinación cando os virus se mesturan con células sanguíneas, e na entrada dos virus nas células das vías aéreas superiores. Un exemplo que ilustra a importancia dos ácidos siálicos na gripe é que os fármacos antivirais [[zanamivir]] e [[oseltamivir]], son inhibidores da [[neuraminidase]] do virus da gripe, que actúa sobre os ácidos siálicos, que son a diana molecular que permite que o virus se adhira ás células que vai infectar.
 
Os [[oligosacárido]]s ricos en ácidos siálicos de glicoconxugados como [[glicolípido]]s, [[glicoproteína]]s ou [[proteoglicano]]s que se encontran na superficie das membranas axudan a manter hidratada a superficie das células. As rexións ricas en ácidos siálicos contribúen a crear unha carga negativa na superficie das células. Como a [[auga]] é unha molécula polar con cargas parciais positivas (δ<sup>+</sup>) nos seus dous hidróxenos, é atraída pola superficie celular. Isto tamén contribúe á entrada de auga na célula.