Incendio forestal: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
ZéroBot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: sr:Шумски пожар
Lameiro (conversa | contribucións)
lig. cara homónimos e algúns erros
Liña 1:
Un '''incendio forestal''' é un [[lume]] que se produce sen control en zonas naturais, [[souto]]ssoutos e lugares con abondosa vexetación. Pódense producir por [[alustro]]s ou outras causas naturais, por descoidos humanos ou pola acción de maquinaria, se ben tamén poden ser obra de seres humanos que plantan lume a mantenta.
[[Ficheiro:Deerfire.jpg|thumb|right|250px|Incendio no parque nacional de Bitterroot (EE.UU)]]
 
Liña 6:
[[Ficheiro:Modelo propagacion lume forestal.png|thumb|right|300px|Xeito de propagación ideal do lume]]
 
Cando as reservas de [[auga]] do [[solo]] se atopan por riba do 30%, a evaporación da auga das plantas vese compensada pola humidade da terra. Por baixo deste limiar do 30% a planta xa non se pode hidratar, e son daquela os xugoszumes da planta os que se evaporan. En caso de [[seca]] prolongada xúntase que as plantas secas son altamente inflamábeis con que as substancias desa evaporación tamén o son.
 
Por outra parte, non todas as plantas arden igual de ben, é dicir, non todas son igual de inflamábeis. Polo que atinxe ao bosque galego, os [[piñeiro]]s e os [[eucalipto]]s, e en xeral todas as especies [[resina|resinosas]], maioritarias nas masas arboradas costeiras, son máis inflamábeis cás especies autóctonas de [[caducifolia]]s, coma o [[carballo (árbore)|carballo]] ou o [[castiñeiro]].
 
Ao que se declara o lume, este esténdese:
* por baixo: arrastrándose pola superficie do chan entre os diferentes vexetais e materiais orgánicos. É característico do monte cuberto de [[matogueira]].
* polas copas: pasando da copa dunha [[árbore]] a outra. As [[copa (árbore)|copas]] en combustión producen labaradas moi intensas, o que lle permite ao lume ''saltar'' dunha árbore a outra a máis velocidade ca se se estendese unicamente polo chan. É característico do incendio de masas árboreas, e especialmente perigoso canto máis alta é a árbore, como no caso do eucalipto.
* por [[muxica]]s: un incendio sobre unha masa vexetal produce a separación de pequenos fragmentos (folliñas, polas, piñas.. etc.) que poden ser desprazados polo vento con moita velocidade e a unhas distancias relativamente grandes. A propagación por muxicas fai inútiles as [[devasa (silvicultura)|devasas]]s e as barreiras incombustíbeis coma os [[río]]s e as [[autoestrada]]s.
 
Nun terreo chan e cunha vexetación homoxénea, o lume propágase en forma de [[elipse (xeometría)|elipse]] sobre o eixo do [[vento]].
 
== Causas ==
 
As causas dos incendios forestais son moi diversas, e varían dunha rexión a outra do planeta. Se ben hai zonas onde os incendios forestais debidos á acción da natureza, fundamentalmente as [[treboada]]s e os seus alustros, son os máis frecuentes, noutras, como en [[Galiza]], a causa predominante é a acción intencionada do home.
* Causas naturais: o [[alustro]]. Nas áreas mediterráneas estímase que as treboadas poden producir ata un 2% dos incendios forestais. Porén, aoen [[Quebec]] esta cantidade calcúlase sobre o 30% dos lumes e afecta grandes superficies.
* Causas humanas involuntarias: queima imprudente de ramallada, lumes de lecer e barbacoas, liñas eléctricas, cabichas ao pé das estradas, faíscas desprendidas por maquinaria (fundamentalmente trens), queima incontrolada de lixo.. etc.
* Causas humanas intencionadas: queima de terreos para o seu aproveitamento para o cultivo ou para a expulsión dos habitantes dos bosques, vinganzas, incendios con fins políticos ou económicos diversos e, tamén, enfermidades mentais (os [[pirómanos]]); actualmente prefírese utilizar o termo "incendiarios" para quen inician lumes cun fin determinado e deixar o de "pirómanos" para quen padecenpadece esta enfermidade. Nos incendios que se producen durante os veráns en Galiza estas causas humanas intencionadas poden acadar entre o 80% e o 90% dos lumes.
 
== Tipoloxía ==
Liña 56:
* [[1989]]: Nos 8.243 incendios declarados en Galiza nese ano arderon 205.392 hectáreas (93.116 delas de masa arborada). Estimáronse unhas perdas duns 15.000 millóns de [[peseta]]s (90 M €). Foron detidos 30 incendiarios.
 
* [[1995]]: No mes de abril, entre o xoves e o sábado [[Semana Santa|santo]], Galiza viuse afectada en só tres días por uns 600 incendios forestais, cun saldo de 2.000 hectáreas queimadas. Foron detidos catro incendiarios. Ese mesmo ano, entre o 25 e o [[30 de agosto]], rexistráronse máis dun milleiro de sinistros. O [[26 de agosto]] contabilizáronse 280 [[foco (incendio)|focos]] diferentes. O [[29 de agosto]], nos arredores de [[Pontevedra]], ardían os montes en 20 puntos diferentes. O lume tamén afectaba a comarca de [[Santiago de Compostela|Santiago]], [[península do Morrazo|O Morrazo]], o [[Dunas de Corrubedo|Parque de Corrubedo]] ou [[Vimianzo]] e as labaradas rodearon [[O Courel]]. O [[30 de agosto]], 350 incendios mantiñan ocupados os servizos de extinción, onde loitaban 4.000 persoas. O fornezo de [[enerxía eléctrica|enerxía]] de [[Pontevedra]] quedou cortado durante varias horas, ao igual ca algunhas estradas e liñas telefónicas. Foron desaloxadas vivendas na [[A Coruña|Coruña]] e arderon casas no concello da [[A Merca|Merca]]. O balance, unha vez terminada a vaga incendiaria, foi de 4.289 focos de lume, 46.669 hectáreas e 49 detencións.
 
* [[2000]]: As intensas choivas de xullo retardaron ese ano a vaga de incendios ata a primeira quincena de setembro. As provincias [[Provincia de Lugo|Lugo]] e [[Provincia de Ourense|Ourense]] foron as máis afectadas. Dez aldeas de Lugo tiveron que ser desaloxadas o [[17 de setembro]] por un incendio en [[Navia de Suarna]]. Os incendios foron especialmente intensos nos arredores de [[Ourense]]. A principios de agosto o lume queimaba montes de [[Santa Cruz de Arrabaldo, Ourense|Santa Cruz de Arrabaldo]], [[Quintela, Ourense|Quintela]], [[Reza, Ourense|Reza]], [[Velle, Ourense|Velle]] e [[Os Peares]]. Ata setembro arderan 30.000 hectáreas e ao final do ano 45.952 ha.
 
* [[2006]]. {{AP|Vaga de incendios forestais de 2006}})
* [[2006]]. ({{AP|Vaga de incendios forestais de 2006}})* Unha vaga de incendios que comeza o [[4 de agosto]] resulta especialmente prolongada e perigosa, con días que chegaron aos 200 focos activos. A época caracterizouse por altas [[temperatura]]s, sequidade ambiental e vento do [[nordés]]. Nos primeiros días os incendios afectaron fundamentalmente as [[Rías Baixas]] e as comarcas de [[Pontevedra]] e Santiago. Despois estendéronse á [[Costa da Morte]] e aos arredores da cidade de Ourense. Como consecuencia dos incendios faleceron dúas mulleres en [[Cerdedo]] atrapadas polo lume na estrada [[N-541]], un home en [[Cotobade]] mentres participaba en tarefas de extinción, e outro home na [[A Cañiza|Cañiza]], como consecuencia das queimaduras producidas durante os labores de apagado dun incendio.
 
** Segundo os datos oficiais <ref name="Orixe dos datos">''[[La Voz de Galicia]]'', [[5 de setembro]] de [[2006]] baseándose en fontes da [[Xunta de Galicia]] </ref>, as hectáreas de superficie arborada queimadas ata esa data distribuída por especies e segundo o seu posible uso comercial era:
{| border="1" align="center"