Armstrong Whitworth Whitley: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
m amplio de en.wiki
Beninho (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 18:
O '''Armstrong Whitworth Whitley''' foi un bombardeiro pesado nocturno británico usado durante a [[Segunda Guerra Mundial]]. Deseñado para cumprir unha especificación de [[1934]] voou por primeira vez en marzo de [[1936]] e era un dos principais avións do Mando de Bombardeo da [[Royal Air Force|RAF]] en [[1939]]. Recibiu o nome de Whitley polo suburbio de [[Coventry]] onde estaba unha das plantas de Armstrong Whitworth, e foi retirado en abril de [[1942]].
 
Era un dos tres modelos de bombardeiros medios bimotores en servizo na [[Royal Air Force|RAF]] ao inicio da [[Segunda Guerra Mundial]] (os outros eran o [[Vickers Wellington]] e o [[Handley Page Hampden]]). Formou parte do primeiro bombardeo británico sobre territorio alemán, e estivo en primeira liña ata a introducción dos bombardeiros pesados catrimotores. Tamén fixo labores de recoñecemento marítimo e foi empregado en roles secundarios como remolcador de planeadores, avión de adestramento e transporte.
 
[[Categoría:Bombardeiros británicos da Segunda Guerra Mundial]]