Micela: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 11:
[[Ficheiro:Micelle scheme2-fr.svg|thumb|250px|right|Esquema dunha micela inversa formada por fosfolípidos nun solvente orgánico apolar.]]
 
Poden orixinarse micelas inversas cando a substancia [[anfipático|anfipática]] se introduce nun disolvente non polar. Nese caso as partes hidrófobas quedan na superficie da micela e as hidrófilas no seu interior. Pero se as cabezas polares teñen unha carga eleéctrica forte poden repelerse facendo inestabe a micela. As micelas inversas teñen no centro hidrófilo unha pequena gota de auga, o que se aproveita en certos experimentos para estudar certas reaccións químicas no ambiente illado do interior desas micelas.
 
As micelas son aproximadamente esféricas, pero nos coloides poden formarse outras fases con forma elipsoidal, cilíndrica ou bicapas. A forma e tamaño da micela depende da xeometría molecular das moléculas surfactantes e das condicións da disolución, como temperatura, [[pH]] ou [[forza iónica]]. As micelas mantéñense en constante movemento errático browninao porque as súas cargas fan que se repelan; pero tratándoas con axentes floculantes estas cargas desaparecen e as micelas agréganse e precipitan. A formación de micelas afecta ás propiedades físicas da disolución, como [[viscosidade]], [[condutividade eléctrica]], [[tensión superficial]] e [[presión osmótica]].