Acoirazado Bismarck: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Beninho (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 109:
Durante un tempo o ''Bismarck'' se mantivo controlado a longa distancia polos británicos. Sobre as 03:00 do [[25 de maio]] o barco tomou vantaxe sobre os seus opoñentes zigzagueando e realizando un xiro de tres cuartos detrás dos seus perseguidores escapando cara o leste e despois cara o surleste. O contacto perdeuse durante catro horas, porén, tal vez polo temor das capacidades dos rádares británicos, aparentemente os alemáns non se decataron da súa boa sorte. Lütjens, por razóns que non están claras pero posiblemente crendo que o ''Bismarck'' aínda estaba sendo perseguido (a pesar de recibir unha comunicación do Grupo Norte dicíndolle o contrario), transmitiu unha mensaxe de radio de media hora ao cuartel xeral, que foi interceptada dándolle así aos británicos unha indicación de onde se atopaba; porén, un erro de trazado no ''King George V'', onde o almirante John Tovey, comandante da Home Fleet británica, estaba liderando a persecucución, calculou mal a posición do ''Bismarck'' e causou que a cacería virase demasiado cara o norte. O ''Bismark'' puido entón avanzar a bo ritmo entre os días 25 e 26 de maio na súa viaxe cara [[Francia]].
 
Os británicos tiveron un golpe de sorte o día [[26 de maio]]. A media mañá, un [[Consolidated PBY Catalina|Catalina]] de recoñecemento, do Comando Costeiro da [[Royal Air Force|RAF]] pertencente ao 209 Squadron, que sobrevoara o [[Atlántico]] dende a súa base en [[Lough Erne]] ([[Irlanda do Norte]])) a través do corredor de Donegal (un pequeno corredor aéreo proporcionado en segredo polo goberno irlandés), deu co ''Bismarck'' grazas ao rastro de aceite que deixaba debido aos seus danos, e informou da súa posición ao Almirantazgo. A partir de entón, a posición do barco alemán foi coñecida polos británicos, aínda que o inimigo debería ser freado de forma significativa se as unidades pesadas agardaban atoparse con el fóra do alcance da protección aérea alemá. Todas as esperanzas dos británicos estaban agora na "Force H", cuxas principais unidades eran o portaavións ''Ark Royal'', o cruceiro de batalla ''Renown'' e o cruceiro ''Sheffield''. Este grupo de batalla, comandado polo almirante James Somerville, desviárase cara o norte dende [[Xibraltar]].
 
Ás 19:25 desa tarde, cunhas condicións meteorolóxicas moi adversas, o ''Ark Royal'' lanzou os seus [[Fairey Swordfish]] para outro ataque. Os primeiros avións trabucáronse no seu obxectivo e atacaron ao ''Sheffield''. A pesar do tempo perdido neste incidente, finalmente foi beneficioso para os británicos ao decatarse que estaban usando torpedos con detonadores magnéticos defectuosos, polo que para o seguinte ataque contra o ''Bismarck'' foron equipados con detonadores de contacto. Nun ataque final, case a escuras ás 21:05, un torpedo danou un timón e o aparato de goberno do ''Bismarck''. Isto fíxoo virtualmente ingobernable, incrementando a súa escora a babor e podendo navegar só nun enorme círculo que se atopaba no curso do ''King George V'' e o ''Rodney'', dous acoirazados de priemira liña que estiveran perseguíndoo dende o oeste. Despois de enormes e infructuosos esforzos por liberar o timón danado, o mando da frota finalmente recoñeceu a súa, de momento, complicada situación en varias mensaxes ao cuartel xeral. Lütjens enviou unha derradeira e desafiante mensaxe: "Barco ingobernable. Loitaremos ata o noso derradeiro proxectil. Longa vida ao Fuhrer". O custe do ataque para os británicos foi de cinco Swordfish danados.