Uther Pendragon: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 5:
Existen algunhas referencias de menor importancia a Uther que aparecen en poemas en [[Lingua galesa antiga|galés antigo]], pero a súa [[biografía]] foi escrita por vez primeira por [[Godofredo de Monmouth]] no seu libro ''[[Historia Regum Britanniae]]''. Foi esa biografía a que se empregou nas versións que se fixeron posteriormente.
 
É un individuo bastante ambiguo na literatura e é descrito como un rei forte e defensor do pobo. DacordoDe acordo coas [[Lenda artúrica|lendas artúricas]], Uther, a través das circunstancias e coa axuda de [[Merlín]], consegue a muller do seu inimigo [[Gorlois]], [[Igraine]], e déitase con ela. Deste xeito, o [[Rei Artur]] é un fillo ilexítimo.
 
== Pendragon ==
É probábel que o apelido de Uther sexa un epíteto que significa literalmente "cabeza do dragón", que se cadra nun sentido figurado refírese a un "Xefe guerreiro". Nas historias máis antigas, Uther é nomeado "Pendragon" porque é testemuña dun gran cometa en forma de [[dragón]], o que o inspira para empregar dragóns nos seus pendóns. Outras versións posteriores narran que Aurelio Ambrosio foi quen presenciou o paso do cometa, e cando morreu pediulle a Uther que adoptara o epíteto Pendragon na súa honra. Para rematar, segundo os últimos estudos sobre a historiografía do mito artúrico, Uther podería ser un dos nomes que adoptou [[Rómulo Augústulo]], (o derradeiro emperador romano trala toma de [[Odoacro]] e os [[hérulos]] de Ravenna, na súa posterior fuxida a [[Inglaterra]]). Alí enfrontaríase ás invasións dos [[saxóns]] aliándose ós britano-romanos e dando orixe ás [[Materia de Bretaña|lendas artúricas]].
 
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
*[[Rachel Bromwich|Bromwich, Rachel]] (2006). Trioedd Ynys Prydein: The Triads of the Island of Britain. University of Wales Press. ISBN 0-7083-1386-8.