Torre de Bermúdez: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m →‎Historia: ligazón
Liña 3:
 
==Historia==
O primeiro documento onde se menciona esta construción, escrito en 1751 por Miguel Joseph González Soldado, asegura que eran propietarios do edificio o mercader Juan Domínguez Giance e mais a súa muller Constanza Domínguez de Búa. É por isto polo que se lles atribúe tradicionalmente a súa construción a mediados do século XVI, unha época especialmente esplendorosa no Caramiñal, que en 1554 fora elevada á categoría de vila por [[Gómez Pérez das Mariñas III|Gómez Pérez das Mariñas]], señor do lugar e rexedor da cidade de [[Santiago de Compostela]]. Porén, algunhas fontes ven difícil que o señor do Caramiñal lle permitise a un vasalo construír unha edificación tan singular, e apunta ben ao propio Gómez Pérez das Mariñas como promotor da construción, ben á cesión do edificio ou do seu solar a cambio dun contrato de [[foro]], aténdose a determinadas condicións. <ref>http://desdeacurota.wordpress.com/2010/10/28/mestres-canteiros-de-gran-fama-construian-pazos-en-caraminal/</ref>.
 
O edificio estivo logo vinculado á familia de [[Ramón María del Valle-Inclán]], xa que serían os seus pais [[Ramón del Valle-Inclán Bermúdez de Castro]] e Dona Dolores de la Peña y Montenegro os derradeiros residentes.