Museo Raíña Sofía: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo
Lameiro (conversa | contribucións)
máis
Liña 10:
En [[1952]], un grupo de artistas, encabezados polo arquitecto José Luis Fernández del Amo, promoven a creación do Museo Español de Arte Contemporáneo (MEAC), para acoller as diferentes tendencias da arte moderna que non cadraban adecuadamente no [[Museo do Prado]]. Comezou a funcionar na planta baixa do edificio da [[Biblioteca Nacional de Madrid]] con fondos dos séculos XIX e XX.
 
Trasladouse posteriormente á [[Cidade Universitaria de Madrid]], ata que en [[1986]] se creou o Centro de Arte Raíña Sofía, no edificio Sabatini, onde se instalaron os fondos do século XX. A inauguración do Centro realizouse o [[26 de maio]] e, dous anos máis tarde, o [[27 de maio]] de [[1988]] converteuse no actual Museo Nacional Centro de Arte Raíña Sofía <ref>Real Decreto 535/1988.</ref>.
 
O [[10 de setembro]] de [[1992]] inaugurouse oficialmente, polos reis de España [[Xoán Carlos I de España|Xoán Carlos]] e [[Sofía de Grecia|Sofía]] e comeza a operar como auténtico museo. A inauguración fíxose coincidir co traslado do ''[[Guernica (cadro)|Guernica]]'' desde o seu aloxamento anterior, o [[Casón do Bo Retiro]], desde que regresou a España en [[1981]].
 
==Edificio==
O edificio principal do museo é o antigo Hospital Xeral de Madrid, obra [[neoclasicismo|neoclásica]] do [[século XVIII]]. Foi encargado polo rei [[Carlos III de España|Carlos III]] e deseñado por José de Hermosilla, aínda que foi o arquitecto [[Francesco Sabatini]] quen continuou as obras, polo que toma o nome deste. O proxecto inicial era moito máis amplo (chegaba ata a rúa Atocha) pero quedou inacabado cando non se levaba construído máis de un terzo da obra proxectada: a que hoxe é a fachada principal é unha das fachadas dun patio interior, e tampouco se realizou practicamente nada da ornamentación exterior, o que explica o seu aspecto severo e nu.
 
En [[1788]] comezou a ser utilizado como hospital e foi obxecto de diferentes obras de restauración e ampliación. Perdida a súa función orixinal en [[1965]], cando ese uso pasou a ser desenvolvido pola Cidade Sanitaria Provincial, caeu en desuso e foi estragándose co paso dos anos, chegando a pensarse na súa demolición. Salvouse grazas a ser declarado edificio protexido en [[1977]] <ref>Real Decreto 3531/1977.</ref>.
 
A restauración do edificio comezou en [[1980]]. En [[1986]] foi destinado a aloxar o Centro de Arte Raíña Sofía, que comezou a organizar exposicións temporais nas súas plantas baixa e primeira. Entre as últimas obras de renovación en [[1988]], da man de José Luis Íñiguez de Onzoño e Antonio Vázquez de Castro, cómpre destacar as tres torres de ascensores de vidro e aceiro, en cuxo deseño participou o arquitecto británico Ian Ritchie.
 
Pronto se comprobou que as instalacións do museo resultaban insuficientes para os fondos da colección e mailas múltiples actividades que se desenvolvían, o que fixo necesario emprender obras de ampliación. Estas iniciáronse en decembro de [[2001]], sobre o deseño do arquitecto francés [[Jean Nouvel]]. O novo edificio, que toma o nome deste arquitecto, inaugurouse o [[26 de septembro]] de [[2005]], ten unha planta en forma de triángulo truncado, cun amplo patio central baixo unha cuberta de cor vermella, quizais o seu elemento máis característico. Esta ampliación representou un aumento da superficie útil do museo do 60%, desde os 51.297 m<sup>2</sup> cos que contaba ata os 84.048 m<sup>2</sup> actuais.
 
==Notas==
{{listaref|1}}
 
==Véxase tamén==