Treonina: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 4:
A '''treonina''' (abreviadamente '''Thr''' ou '''T''')<ref>{{IUPAC-IUB amino acids 1983}}.</ref> é un α-[[aminoácido]] que forma parte das proteínas coa fórmula HO<sub>2</sub>CCH(NH<sub>2</sub>)CH(OH)CH<sub>3</sub>. A súa cadea lateral leva un [[grupo OH]] alcohólico, polo que se clasifica como aminoácido polar. Os outros únicos aminoácidos con OH na cadea lateral son a [[serina]] (alcohol) e a [[tirosina]] (fenol). Xunto coa [[isoleucina]] presenta [[carbono quiral|quiralidade]] na súa cadea lateral, porque o OH pode ter dúas orientacións.
 
Os seus [[codón]]s son ACU, ACA, ACC, e ACG. É un [[aminoácido esencial]], polo que non pode sintetizarse no noso metabolismo e debe estar incluído na composición dos nosos alimentos.
 
Os residuos de treonina son susceptibles de numerosas modificacións post-transcricionais. O grupo [[hidroxilo]] da súa cadea lateral pode sufrir ''O''-[[glicosilación]]. Ademais, pode sufrir [[fosforilación]] pola acción de treonina [[quinase]]s, e na súa forma fosforilada denomínase [[fosfotreonina]].