Lista de gañadores dos Premios Ig Nobel: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 104:
 
==1999==
* '''Bioloxía''' - Dr. Paul Bosland, director de ''The Chili Pepper Institute'', ''New Mexico State University'', Las Cruces, [[Novo México]], por un conseguir producir un [[pemento jalapeño]] que non pica.
* '''Química''' - Takeshi Makino, presidente da Axencia de detectives pola seguridade de [[Osaka]], [[Xapón]], pola súa implicación en S-Check, un spray para a detección de infidelidades que as mulleres poden aplicar na roupa interior dos seus maridos.
* '''Protección do medio ambiente''' - Hyuk-ho Kwon da ''Kolon Company'' de [[Seúl]], [[Corea do Sur]], por inventar o traxe de negocios auto-perfumante.
* '''Literatura''' - British Standards Institution por a súa especificación de seis páxinas (BS 6008) na que se especifica a forma correcta de facer unha copa de té.
* '''Asistencia sanitaria xestionada''' - George Blonsky e Charlotte Blonsky das cidades de New York City e San José, California, por inventar un aparello (US Patent 3,216,423) para axudar ás mulleres a dar a luz. Neste aparello átase á muller a unha táboa circular que xira a alta velocidade.
* '''Medicina''' - Dr. Arvid Vatle de Stord, [[Noruega]], por reunir, clasificar e considerar coidadosamente quéque clase de recipientes elexían os seus pacientes para entregar mostras de urina.
* '''Paz''' - Charl Fourie e Michelle Wong de [[Johannesburgo]], [[Sudáfrica]], por inventar o Blaster, un lanzachamas activado cun pedal que os automovilistasautomobilistas poden utilizar en caso de intento de roubo.
* '''Física''' - Dr. Len Fisher de Bath, Inglaterra e Sydney, Australia por calcular a maneira óptima de mollar unha galleta, e Profesor Jean-Marc Vanden-Broeck da ''University of East Anglia'', Inglaterra, e Bélxica, por calcular como facer unha teteira que non pinga.
* '''Educación científica''' - ''Kansas State Board of Education'' e ''Colorado State Board of Education'', por indicar que os nenos non deberían crer na teoría da evolución de Darwin máis do que cren na teoría de gravitación de Newton, a teoría de electromagnetismo de Faraday e Maxwell ou a teoría de Pasteur de que os xermes causan enfermidades.
* '''Socioloxía''' - Steve Penfold, da ''York University'' en [[Toronto]], por facer a súa tese de doutoramento sobre a historia das tendas de donuts canadiensescanadenses.
 
[[Categoría:Premios]]