Metadona: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Xqbot (conversa | contribucións)
m r2.7.2) (Bot: Engado: mzn:متادون; cambios estética
Liña 37:
A metadona é un analxésico opiáceo de orixe sintética similar á [[morfina]]. O seu uso actual está dirixido principalmente ao tratamento da dependencia provocada pola [[heroína]].<ref name = Moreno> Moreno Brea, M.R.; Rojas Corrales,M.O.; Gibert-Rahola,J.; Mico J.A. Interacciones de metadona con fármacos antiinfecciosos y sustancias de abuso. Páx.66,67. Ano 2000 Revista Adicciones, Volume 12- Número Supl. 1. Dispoñible en http://www.zheta.com/user3/adicciones/files/mico.pdf</ref>
 
== Características ==
A metadona preséntase en forma de po branco cristalino, inodoro, solúbel en auga e facilmente solúbel en [[alcohol]] e cloroformo, sendo practicamente insolúbel en éter e glicerol.
Pode verse alterado polo efecto da luz. <ref name = Real> Real Farmacopea Española. 3ªEdición 2005 (Madrid). Páx. 2162.</ref> <ref name = Información> Información de Medicamentos. Tomo I.Páx. 136-137</ref>
 
== Mecanismo de acción ==
Esta substancia é un [[agonista opioide]] puro, de orixe sintética. Presenta isomería óptica, e a responsábel da actividade analxésica é a forma L. Ten afinidade e marcada actividade sobre os receptores opiáceos do [[sistema nervioso central]], principalmente polos receptores mu, producindo unha inhibición das vías ascendentes nociceptivas, alterando a percepción e a resposta á dor e producindo unha depresión xeral do [[sistema nervioso central]]. <ref name=Moreno/> <ref name = Vademecum> Vademecum Internacional 46 edición 2005 Medicom. Pax. 587,588</ref>
 
== Efectos ==
A metadona presenta efectos a nivel do sistema nervioso central (cefaleas, euforia (escasa), disforia, insomnio, desorientación, axitación, mareos, convulsións, somnolencia), cardiovascular (rubor cutáneo, bradicardia, vasodilatación, parada cardíaca, palpitacións, desmaio, síncope, hipotensión, hipertensión, edemas, arritmias, taquicardias, cambios no electrocardiograma, etc.), gastrointestinal (boca seca, náuseas, vómitos, estrinximento, diarrea, anorexia, xerostomía, espasmos, dor abdominal, aumento de peso), neuromuscular (debilidade), respiratorio (edema pulmonar, apnea, depresión respiratoria). Tamén actúa a nivel local (producindo dor, eritema, inchazón), hematolóxico (trombocitopenia), endocrino-metabólico (diminución da libido e/ou potencia sexual, hipocalemia, hipomagnesemia, efecto antidiurético, amenorrea), ocular (mioses, alteracións visuais, nistagmo, diplopía). Ademais disto tamén pode provocar un incremento da presión intracranial.
 
Tamén pode producir alteracións dermatolóxicas como prurito, urticaria, dermatite de contacto; e de forma xeral, dependencia física e psicolóxica e en último termo, a morte.
Liña 51:
Algúns destes efectos pódense aliviar se o paciente adopta a postura de decúbito.
 
Destacar que tras o uso continuado aparece [[tolerancia]], aínda que a velocidade con que isto ocorre non é homoxénea. <ref name = Yolanda> Yolanda Alvarez, Magí Farré. Farmacología de los opioides. Páx.:37. 2005 Revista Adicciones, Volume 17- Número Supl. 2 Opiaceos. Dispoñible en: http://www.adicciones.es/files/Farre.pdf</ref> <ref name = Luis> Luís Marruecos, Santiago Nogué, Joan Nolla.Toxicología Clínica. Ed. Springer-Verlag Ibérica S.A Barcelona 1993. Páx. 162, 163</ref>
 
== Farmacocinética ==
A metadona presenta unha potencia similar á da [[morfina]].
Absórbese moi ben por vía oral, vía subcutánea e muscular. Presenta unha elevada unión a proteínas plasmáticas e ten unha vida media superior a 24 horas. Metabolízase no fígado (CYP450), podendo producirse metabolitos activos que, tras administracións repetidas, acumúlanse no organismo facendo que o efecto sexa máis prolongado co da morfina.
En canto á eliminación, prodúcese principalmente polos riles e a súa velocidade aumenta coa acidificación dos ouriños.
Hai que ter en conta que este fármaco atravesa a barreira hematoencefálica e tamén que se excreta no leite materno. <ref name=Moreno/> <ref name = Mary> Mary Jeanne Kreek, M.D., Lisa Borg, M.D., Elizabeth Ducat, N.P., and Brenda Ray, N.P.Pharmacotherapy in the Treatment of Addiction: Methadone Laboratory of the Biology of Addictive Diseases, The Rockefeller University. J Addict Dis. 2010 April ; 29(2): 200–216. Páx.4-5</ref> <ref name = Toxicología> Toxicología Clínica y drogodependencias: Metadona. Eva Arribas Arbiol, Fernando Bandrés Moya.Ed. Además comunicación gráfica S.L 2009 ( Serie Ciencias Biomédicas) Páx.24, 29-33</ref> <ref name = Información/>
 
== Usos terapéuticos ==
O uso máis coñecido e popular da metadona é no tratamento do [[síndrome de abstinencia]] aguda que provocan as sustancias opioides, empregándose especialmente para a [[heroína]] como substituto da mesma. Isto faise dentro dun programa de mantemento baixo supervisión médica.
 
Tamén se emprega como analxésico no caso de dores intensas cando nestas non sexa adecuado o uso de [[analxésicos]] menores coma a morfina. <ref name = Vademecum/> <ref>Farmacología Smith/Reynard Ed. Medica panamericana. Capítulo 18, páx. 247,248</ref>
Liña 71:
 
=== Contraindicacións ===
En persoas con hipersensibilidade á metadona ou a outros compostos da formulación. En casos de depresión respiratoria, asma aguda ou hipercapnia. Non debe empregarse tampouco en nenos porque son moi sensibles aos depresores respiratorios, nin como analxésico en obstetricia. <ref name=Moreno/> <ref name = Información/>
 
=== Precaucións ===
Este fármaco pertence á categoría D. En embarazadas sometidas a un programa de desintoxicación de opiáceos hai que avaliar o beneficio-risco xa que, ao atravesar a placenta, pódese producir distrés fetal no útero e baixo peso ao nacer. Cun uso regular durante o embarazo pode darse dependencia física do neonato (síndrome de abstinencia a opiáceos). Ao excretarse en leite materno, débese prestar especial coidado durante o período de lactancia nestas mulleres.
 
En xeriatría debe empregarse unha dose inferior a dos adultos posto que o [[metabolismo]] e a eliminación en persoas de idade avanzada son máis lentos. Así mesmo, hai que corrixir as doses en pacientes con insuficiencia renal ou hepática.
En tratamentos prolongados, ao diminuír o fluxo salivar, contribúe á formación de caries e candidiase oral.
 
Liña 92:
 
* Patoloxía respiratoria: polo xeral, soe producirse un edema agudo de pulmón non cardioxénico. Pero tamén se asocia con outros problemas como pode se a aspiración do vómito debido a unha depresión central ou unha bronconeumonía. Nos casos nos que se da unha intoxicación mixta con benzodiazepinas, asóciase tamén a alteracións funcionais debidas a obstrución das vías respiratorias superiores e reaccións de tipo asmático.
* Patoloxía cardíaca: a metadona bloquea a condución cardíaca, polo que, en casos de intoxicación, poden darse episodios de bradicardia e taquicardia. Tamén se cree que pode ter efecto arritmoxénico, xa que existen evidencias in vivo da capacidade da metadona de producir arritmias.
* Patoloxía renal: na maior parte dos casos, o problema renal débese a rabdomiolisis secundarias ao coma e á inmobilización prolongada.
 
Non pode afirmarse con rotundidade cal é a dose mortal da metadona, posto que inflúen múltiples factores: por unha parte, a metadona sofre fenómenos de redistribución debido á elevada distribución por compoñentes tisulares que fan que a capacidade de correlacionar con precisión as concentracións de metadona en [[sangue]] e a cantidade total da mesma presente no organismo estea limitada. Por outra banda, a interacción farmacocinética e farmacodinámica con outras drogas, constitúe tamén unha traba á hora de establecer con precisión o posible efecto dunha determinada concentración da metadona no organismo.
 
Sen embargo, a maioría dos autores cren que unha concentración no sangue superior a 0.75 mg/L poden ser mortais para calquera persoa, habituada ou non ao consumo de opiáceos. No caso de non ser consumidor habitual de opiáceos, crese que unha concentración entre 0.22mg/L e 0.43mg/L xa pode ser mortal. <ref name = P.M.> P.M. Garamendi, L.J. Segura-Abad, M. López-Alcaraz y J. Rodríguez. Características de la intoxicación por metadona: a propósito de un caso de homicidio. Cuadernos de Medicina Forense n.56 Sevilla abr. 2009. Dispoñible en: http://scielo.isciii.es/scielo.php?script=sci_arttext&pid=S113576062009000200002&lng=es&nrm=iso&tlng=es
</ref>
 
Liña 108:
 
== Lexislación ==
Segundo a lei actual (Real Decreto 75/1990), os programas de mantemento con metadona deben facerse nos centros ou servizos sanitarios públicos ou privados sen ánimo de lucro. Ditos centros teñen que ser acreditados polos órganos competentes da Administración Sanitaria da Comunidade Autónoma á que pertenzan ou polos órganos competentes do [http://www.msps.es/ Ministerio de Sanidade e Consumo]. Tamén poden ser acreditados servizos en Centros Penitenciarios ou noutros estamentos de carácter non estritamente sanitario. Neste Real Decreto tamén se indica que a elaboración, conservación, administración e dispensación da metadona realizarase polos servizos farmacéuticos dos centros acreditados ou, no seu defecto, polos órganos competentes do Ministerio de Sanidade e Consumo ou polas oficinas de farmacia acreditadas. Os medicamentos empregados serán prescritos, formulados, dispensados e administrados nunha solución oral extemporánea. <ref>http://www.boe.es/boe/dias/1990/01/23/pdfs/A02101-02103.pdf (Real Decreto 75/1990, 19 de enero)</ref>
 
== Véxase tamén ==
Liña 121:
[[Categoría:Substancias químicas]]
[[Categoría:Toxicoloxía]]
 
[[be:Метадон]]
[[be-x-old:Мэтадон]]
Liña 142 ⟶ 143:
[[ja:メタドン]]
[[ms:Metadon]]
[[mzn:متادون]]
[[nl:Methadon]]
[[no:Metadon]]