Olympia, Washington: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Beninho (conversa | contribucións)
Liña 26:
== Historia ==
O emplazamento de Olympia foi fogar de falantes de [[lingua lushootseed|lushootseed]] durante milleiros de anos, entre os que se incluen as tribus Squaxin, Nisqually, Puyallup, Chehalis, Suquamish e Duwamish. Os primeiros visitantes europeos rexistrados chegaron en [[1792]], cando Peter Puget e membros da expedición británica realizaron un mapa da zona.
 
En [[1846]], Edmund Sylvester e Levi Smith reclamaron conxuntamente a terra que agora conforma o centro de Olympia. No ano [[1851]] o Congreso dos [[Estados Unidos]] estableceu o Distrito de Alafándegas de Puget Sound para o Territorio de Washington Territory e Olympia converteuse no fogar da alfándega. A súa poboación ampliouse constantemente coa chegada de inmigrantes pola expansión da Senda de Oregon, e en [[1853]] o pobo recibiu o nome de Olympia, como suxerencia do residente local Isaac N. Ebey, debido á vista das montañas Olympic cara o noroeste. A área comezou a ser atendida por unha flota de barcos de vapor coñecida como a Puget Sound Mosquito Fleet.
 
En [[1896]] Olympia convertíuse na sede da Olympia Brewing Company, que elaborou a cervexa Olympia Beer ata o [[2003]].
 
Un terremoto en [[1949]] danou moitos edificios históricos que non puideron repararse e foron demolidos. Partes da cidade tamén sufriron danos durante os sismos de [[1965]] e o terremoto de Nisqually producido no [[2001]].
 
En [[1967]], a lexislatura do estado aprovou a creación da The Evergreen State College en Olympia. Debido á presencia da universidade, a cidade converteuse nun centro de actividade para artistas e músicos, e recentemente foi declarada un dos mellores campus da nación pola súa actividade.
 
[[Categoría:Cidades de Washington]]