Tobramicina: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 16:
Como é típico nos [[aminoglicósido]]s, a tobramicina non pode atravesar as paredes do tracto gastrointestinal, polo que para un uso [[sistémico]] hai que administrala por vía intravenosa, ou intramuscular, e tamén se pode administrar en colirios oculares, ou pode ser administrada con nebulizador por vía nasal. Os pacientes con [[fibrose quística]] xeralmente a inhalan nebulizada para suprimir as infeccións por ''[[Pseudomonas aeruginosa]]''. A tobramicina tamén se combina con [[dexametasona]] (glicocorticoide) nas solucións oftálmicas como ''[[TobraDex]]''.
 
A compañía [[Bausch & Lomb|Bausch & Lomb Pharmaceuticals]] produce unha solución de tobramicina estéril en gotas oculares cunha concentración de tobramicina do 0,3%. Está mesturada con benzalkonio cloruro ao 0.,01% como conservante. Estas concentracións equivalen a 3 mg por mL e 0,1 mg por mL, respectivamente.
 
Estase comprobando unha formulación de tobramicina micronizada nebulizada para o tratamento da [[sinusite]].<ref>{{cita web |url=http://www.mmdnewswire.com/nebulized-tobramycin-in-treating-bacterial-sinusitis-3630.html |título=Nebulized Tobramycin in treating bacterial Sinusitis |ano= 2008 | acceso= 16 de outubro de 2011}}</ref>