Elvis Presley: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 31:
 
===Grandes Éxitos===
En xaneiro de [[1956]] conseguiu o seu primeiro número un en vendas durante 27 semanas por ''Heartbreak Hotel''. Nese ano serían tamén número un varios temas como ''Hound Dog'' (durante tamén 27 semanas) así como os seus dous albumes ''Elvis Presley'' e ''Elvis'' que incluían versións clave na historia do rock and roll como ''Blue Suede Shoes'', ''One-Side Love Affair'' ou ''Rit it up''. Os shows televisivos de Milton Berle, Steve Allen, os irmáns Dorsey e Ed Sullivan bateron records de audiencia coa súa presenza e os concertos comezaron a ser multitudinarios en dimensións sen precedentes. O 9 de setembro de 1956 a súa actuación no show de Ed Sullivan acadou unha audiencia do 82,6% e foi visto por máis de 60 millóns de persoas.
 
O escándalo medraba ao mesmo ritmo que o éxito: Ben Gross do ''Daily News'' escribía que Elvis levaba a cabo ''unha exhibición suxestiva e vulgar, tinguida de niveis de salvaxismo que debería ser exclusivo... dos prostíbulos''. Jack Gould no ''New York Times'' comparaba o movemento frenético do seu corpo co repertorio das explosivas bailarinas das pasarelas de cabaret. Un xuíz de Jacksonville, [[Florida]] ordeoulle non moverse sensualmente no escenario e en nalgunhas tomas de televisión filmábaselle de cintura para arriba.