Baía Edicións: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Desfíxose a edición 2079277 de PatriGU (conversa)
copyvio http://www.baiaedicions.net/galego/sobre-nos
Liña 9:
 
No ano [[2004]] puxo en marcha o Premio Meiga Moira de Literatura Infantil e Xuvenil, que pretende ser un novo foro para autores e autoras que, en galego, dirixen as súas obras de creación a este sector tan importante da nosa poboación e do que depende, en boa medida, a supervivencia e futuro do galego como idioma de uso oral e escrito.
 
De entre todas as coleccións destacan as seguintes:
 
- Xiz de cor, relatos e poemas infantís combínanse nesta colección de álbum ilustrado de produción propia, onde se amosa a mellor creación de autores e ilustradores, así como as súas diferentes sensibilidades.
 
- Contos da igualdade, historias ilustradas coas que se pretende romper a tendencia nos contos infantís de asignar roles estereotipados a nenas e nenos, que condicionan a capacidade de soñar sen límites no propio futuro, de imaxinar un mundo de igualdade entre homes e mulleres.
 
- Cempés, contos pensados para ler e mirar cos máis pequenos da casa, con sinxelas historias onde a parte plástica é tanto ou máis importante que o texto escrito.
 
- Rodribico, historias sinxelas e ilustradas adaptadas a un público infantil onde a protagonista é unha pega marza á que lle encanta estar forte e vivir todo tipo de aventuras. Dispón dunha web propia [http://www.baiaedicions.net/rodribico/ Rodribico], onde coñecer mellor a este marabilloso paxaro, os títulos que están disponibles nesta colección, así como Material didáctico e descargable con actividades adaptadas a nenas e nenos de Educación Infantil e Primeiro Ciclo de Primaria.
 
- Guías de natureza, desde os inicios apostamos pola divulgación do medio natural, pois entendemos que o seu coñecemento é unha forma de contribuír á súa conservación. Nas nosas guías aúnanse rigor científico e valor divulgativo e sitúan a Baía Edicións e a literatura naturalista galega ao máis alto nivel e ao seu ilustrador, Carlos Silvar, nos cinco mellores debuxantes naturalistas do mundo.
 
 
 
==Véxase tamén==