Estrela de David: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: sq:Ylli i Davidit
m Eliminouse a referencia ó ficheiro "Mezuzah_estrela_davi.jpg" que foi borrado en Commons por Fastily. Motivo: No source since 4 September 2011
Liña 10:
Este símbolo aparecía xa ligado aos xudeus na [[Idade do Bronce]], no [[século -IV|século IV a.C.]], nun selo xudaico achado na cidade de [[Sidón]]. Tamén aparece en moitas [[sinagoga]]s antigas na terra de [[Israel]] datadas da época do [[Templo de Xerusalén|Segundo Templo]] e até mesmo nalgunhas despois da súa destrución polos [[romanos]]. Non lle era dado, polo menos aparentemente, un significado especial ou místico, senón máis ben ornamental, así como moitas Estrelas de David foron achadas ao lado de Escudos de [[Salomón]] (estrelas de cinco puntas ou pentagramas) e, curiosamente, ao lado de [[esvástica]]s. Un exemplo é o friso da sinagoga de [[Cafarnaún]] ([[século II]] ou [[século III|III]] da era cristiá) e unha lápida (ano [[300]] da era cristiá) atopada no sur de [[Italia]]. A pesar diso, a Estrela de David non aparece entre os símbolos xudaicos máis importantes do [[Período helenístico|período helenístico]].
 
 
[[Ficheiro:Mezuzah estrela davi.jpg|thumb|220px|Mezuzá xudaica coa estrela de David.]]
O testemuño máis antigo deste emblema na literatura xudaica é p amosado no libro do sabio caraíta [[Yehudah ben Eliahu Hadasi]], do [[século XII]], no seu libro ''Eshkol Hakofer''. No capítulo 242, fala de costumes de persoas do pobo que, aos poucos, foron convertendo o símbolo do Escudo de David dun simple selo a un tipo de signo místico ou amuleto: ''"e os sete anxos na [[Mezuzá]] foron escritos - Miguel e Gabriel [...] o Eterno irá gardarche e este símbolo chamado Escudo de David é escrito en tódolos anxos e no final da Mezuzá..."''. Así, xa naquela época, este símbolo tiña un carácter místico, sendo frecuentemente gravado como unha forma de amuleto protector.