Heparán sulfato: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 10:
O heparán sulfato é un [[glicosaminoglicano]] cunha estrutura moi similar á da [[heparina]]. Ambos os dous consisten nunha unidade repetitiva dun [[disacárido]] variablemente sulfatado. As principais unidades disacáridas que aparecen no heparán sulfato e na heparina son as que se mostran abaixo nas imaxes. Tamén se mostra máis abaixo o significado das abreviaturas que se usarán para o nome das moléculas.
A unidade disacárida máis común no heparán sulfato está composta por [[ácido glicurónico]] (GlcA) unido á [[N-acetilglicosamina|''N''-acetilglicosamina]] (GlcNAc), que xeralmente constitúen arredor do 50% do total das unidades de disacárido. En comparación, a heparina do pulmón de boi ten un 85 % da unidade IdoA(2S)-GlcNS(6S), e as heparinas da mucosa intestinal porcina teñen un 75%.
Porén, preséntase un problema cando se queren definir os glicosaminoglicanos híbridos, que conteñen tanto estruturas do tipo da heparina coma do tipo do heparán sulfato. Suxeriuse que estes híbridos deberían denominarse heparina só en caso de que o seu contido en grupos N-sulfato supere claramente o de grupos N-acetil e a concentración de grupos O-sulfato exceda a de grupos N-sulfato.<ref>{{cite journal | author=Gallagher, J. T. Walker, A. | title=Molecular distinctions between Heparan Sulphate and Heparin: Analysis of sulphation patterns indicates Heparan Sulphate and Heparin are separate families of N-sulphated polysaccharides | journal=Biochem. J. | year=1985 | volume=230 | pages=665–74 | pmid=2933029 | issue=3 | pmc=1152670}}</ref>