Amilopectina: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:Amylopektin Sessel.svg|thumb|right|300 px|Amilopectina.]]
 
A '''amilopectina''' é un dos [[polímero]]s que forman parte do [[amidón]], xunto coa [[amilosa]]. É un [[polisacárido]] característico das plantas e as algas <ref>[http://www.britannica.com/facts/5/312081/amylopectin-as-discussed-in-algae-biology. Enciclopedia Británica.]</ref>, moi ramificado, composto por moitas unidades de [[glicosa]] (de 2.000 a 200.000), e cun peso molecular que pode ser de máis de 100 millóns de [[dalton]]s. É soluble en disolución coloidal en auga <ref name="starch">{{cite web|url=http://www.gmo-compass.org/eng/glossary/104.amylose_amylopectin_starch.html |title=Amylose, Amylopectin (starch) |publisher=GMO Compass |date= |accessdate=2011-02-07}}</ref> (aínda que en textos non actualizados se informe do contrario<ref>{{cite web|url=http://www.eric.ed.gov/ERICWebPortal/custom/portlets/recordDetails/detailmini.jsp?_nfpb=true&_&ERICExtSearch_SearchValue_0=EJ128481&ERICExtSearch_SearchType_0=no&accno=EJ128481 |title=Which Starch Fraction is Water-Soluble, Amylose or Amylopectin? |publisher=Eric.ed.gov |date= |accessdate=2011-02-07}}</ref>).
 
As unidades de glicosa que a forman están unidas por [[enlace glicosídico|enlace O-glicosídico]] α(1→4) formando unha cadea liñal. A cadea ten ramificacións cada 24-30 unidades de glicosa, e no punto de ramificación o enlace glicosídico é α(1→6). A molécula resultante pode ser rapidamente degradada encimaticamente polos extremos das súas moitas ramificacións. En comparación, o outro compoñente do amidón, a amilosa, ten menos puntos por onde poida comezar o ataque encimático, polo que se hidroliza máis lentamente e ten unha maior densidade e é insoluble.