Hidroxenosoma: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
Un '''hidroxenosoma''' é un [[orgánulo]] limitado por [[membrana]]s encontrado nas [[célula]]s de protozoos [[Ciliophora]], ''[[Trichomonas]]'' e [[fungo]]s. Trátase de organismos anaerobios ou aerotolerantes fermentativos. O orgánulo produce [[hidróxeno]] molecular e [[ATP]] e permite obter enerxía sen usar o O<sub>2</sub>. Crese que este orgánulo puido orixinarse a partir das [[mitocondria]]s.
 
Os hidroxenosomas teñen aproximadamente 1 μm de diámetro. Igual que as mitocondrias están limitados por membranas dobres, e a membrana interna presenta algunhas proxeccións de tipo crista. Os hidroxenosomas derivaron das mitocondrias pola perda de características mitocondriais básicas, a máis salientable das cales é a perda do seu [[xenoma]], pero carecen tamén de [[ciclo de Krebs]] ou [[cadea respiratoria]]. Non se atopan xenomas nos hidroxenosomas do fungo ''[[Neocallimastix]]'', nin nos protozoos ''[[Trichomonas vaginalis]]'' e ''[[Trichomonas foetus]]'',<ref>van der Giezen et al, "Mitochondrion-derived organelles in protists and fungi", ''Int Rev Cytol'' 2005, 244:175-225.</ref> aínda que si se atoparon no [[Ciliophora|ciliado]] ''[[Nyctotherus ovalis]]''.<ref name=autogenerated1>Akhmanova et al, ''Nature'' 1998 396:527.</ref>
 
Os hidroxenosomas mellor estudados son os dos [[parasito]]s transmitidos sexualmente ''T. vaginalis'' e ''T. foetus'' e os dos fungos [[Chytridiomycota]] do rume de herbívoros, tales como ''[[Neocallimastix]]''.