Forraxe: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
máis
Lameiro (conversa | contribucións)
Liña 22:
A superficie destinada en [http://Galicia Galicia] á produción de forraxe variou moito como consecuencia do abandono da agricultura e da reestruturación da gandería. A mecanización do campo e a maior riqueza nutritiva do millo sobre a herba tamén influíron neste cambio, pero en xeral obsérvase un progresivo aumento da superficie destinada a pastos e millo forraxeiro.
 
No caso dos prados permanentes, as cifras subiron desde as 175.000 hectáreas de [[1955]] ás máis de 550.000 ha en [[2005]]. Tamén se aprecia un aumento considerable nas producións, que ascenderon, en [[2008]], a 2,2 millóns de toneladas de millo forraxeiro e 11,7 millóns de toneladas de herba, aínda que en [[2009]] a produción de herba se reduciu a menos da metade (5 millóns de t) mentres que a de millo forraxeiro seguíu subindo ata os 2,5 millóns t. [http://www.ige.eu/igebdt/esqv.jsp?ruta=verTabla.jsp?OP=1&B=1&M=&COD=418&R=0[17:18];1[4]&C=9912[all]&F=&S=] [http://www.ige.eu/igebdt/esqv.jsp?ruta=verTabla.jsp?OP=1&B=1&M=&COD=418&R=0[17:18];1[5]&C=9912[all]&F=&S=].
 
Como sexa que a práctica totalidade da produción de forraxes vai destinada á alimentación do gando vacún, a distribución xeográfica destes cultivos coincide coa distribución desta especie: as provincias de [[provincia da Coruña|Coruña]] e [[provincia de Lugo|Lugo]] producen o 92,78% do millo forraxeiro e o 93.58% da herba.