Tenis: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Opaulo (conversa | contribucións)
US Open
Xas (conversa | contribucións)
lig int
Liña 45:
 
==O tenis en Galicia==
O [[tenis]] debeu entrar en [[Galicia]] a comezos do [[século XX]]. Existen unha [[fotografía]] dun grupo de mozas practicando tenis na [[A Guarda|Guarda]] en [[1909]], e neses anos é tamén cando se comezan a organizar as primeiras competicións entre as familias da [[burguesía]] de [[Vigo]] e da [[A Coruña|Coruña]]. En concreto, na cidade olívica un cenro difusor do tenis foi a empresa [[Cable Inglés]], que cubría a liña de transporte marítimo con [[Gran Bretaña]]. Os nomes dos primeiros xogadores galegos, de feito, alternaban apelidos británicos con nomes vencellados á idustria da [[conserva]], como Antonio e Jacobo Conde, Ventura Lago, Juan e Mimí del Río, Joaquín Yáñez, Javier Sensat, Manuel e Antonio Cominges, Guillermo de Oya ou Luis Pita. Nestes primeiros anos do século XX tamén se constrúen os primeiros campos de xogo, no [[Balneario da Toxa]], na propiedade do [[emigración galega|indiano]] [[Pontevedra|pontevdrés]] [[Casimiro Gómez]] en [[Monte Porreiro]], ou nunha propiedade da familia Del Río no centro de [[Vigo]]<ref>[http://www.anosaterra.org/nova/51955/cando-a-burguesia-galega-descubriu-o-tenis-.html Cando a burguesía galega descubriu o tenis], por [[Xosé Enrique Acuña]] ''[[A Nosa Terra (1977)|A Nosa Terra]]'', 2/6/2011.</ref>.
 
En [[1921]] o [[Casino de Vigo]] inaugura o seu campo e alí xorde o primeiro trofeo estable de tenis en Galicia, a Copa de Vigo. Tamén dese ano data a constitución da primeira [[Federación Galega de Tenis]], que encabeza o rexistrador da propiedade vigués [[Desiderio Martínez]] e que estaba formada sobre todo por persoas de clase elevada de Vigo e da Coruña. Entre esa década e a seguinte comezaron a abrollar por toda a costa recintos onde xogar ao tenis, en especial en propiedades ou clubes da alta sociedade: Vigo, [[Redondela]], [[Poio]], [[Padrón]]... Ao pouco [[Julio Curbera]] releva a Desiderio Martínez e a Federación organiza os primeiros torneos de carácter internacional, con presenza tanto de británicos como de portugueses e de xogadores vidos do resto de España<ref>[http://www.anosaterra.org/nova/51955/cando-a-burguesia-galega-descubriu-o-tenis-.html Cando a burguesía galega descubriu o tenis], por [[Xosé Enrique Acuña]] ''[[A Nosa Terra]]'', 2/6/2011.</ref>.