Carmela Arias: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
lig int
*aportación -> achega
Liña 4:
Filla de [[Vicente Arias de la Maza]] e Carmela Díaz de Rábago y Aguiar, estudou no Sagrado Corazón da Coruña e comezou a carreira de Arquitectura en [[Barcelona]], cidade na que o seu pai era secretario da Xunta de Obras do Porto. Non rematou os estudos pola súa mala saúde (aos quince anos declaróuselle unha enfermidade nos bronquios). Estivo enferma ata 1953, cando foi operada en [[Estocolmo]].
 
En [[1966]] casou con [[Pedro Barrié de la Maza]], Conde de Fenosa. Antes da voda, o [[5 de novembro]], constituíron a [[Fundación Barrié de la Maza]]. Nese momento o capital estaba integrado pola aportaciónachega do conde de Fenosa de 3.300 millóns de pesetas, máis o 25% das rendas líquidas dos bens da Fundación, que se destinaron ao aumento de capital. En 1981 a condesa doou 7.000 millóns de pesetas á Fundación.
 
En [[1971]] morreu o conde de Fenosa, deixando á susúa muller como única herdeira. Nese momento converteuse en empresaria e presidenta da Fundación e doutras empresas das que a entidade é accionista maioritaria, como o [[Banco Pastor]] (40 %), Gas Madrid, Alúmina ou Astano. Nese momento tamén herda o título de [[condado de Fenosa|condesa de Fenosa]].
 
O [[13 de febreiro]] de [[1994]] anunciou a remodelación da cúpula do Pastor: creou dúas vicepresidencias -con poderes executivos- para os seus sobriños Vicente e [[José María Arias Mosquera]], mentres que [[Guillermo de la Dehesa]] deixou o posto de conselleiro delegado e pasou a asesor da presidencia.