Elvis Presley: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 9:
Fillo de obreiros, pouco despois de trasladarse os seus pais a Memphis comezou a traballar como camioneiro nunha empresa de material eléctrico. Desde neno xa se interesaba pola música, actuando no coro parroquial e ben cedo xa aprendera a tocar a guitarra e cantaba temas de [[blues]] e rhytm e blues.
 
En [[1954]] como regalo para a súa nai gravou, pagando catro dólares, unha canción na casa discográfica [[Sun Records]], propiedade de [[Sam Phillips]], quen se interesou por el e o contratou para a súa compañía. O [[6 de maio]] de [[1954]] gravou o seu primeiro disco ''That´s All Right'', que axiña se converteu nun éxito local en MenphisMemphis. Combinando estilos negros co country, cancións gravadas na Sun como ''Good rockin´ tonight'' ou ''Baby let´s play house'' inauguraron un novo xeito de interpretar e vocalizar e constitúen unha das raíces do nacente ''rock and rollr''oll. Ademais da radiodifusión, foi a maneira de moverse no escenario o que fixo de Elvis un escandaloso xove intérprete que chamou a atención do futuro ''manager'' o Coronel Tom Parker. Este conseguiu que a RCA pagase 35.000 dólares para facerse co cantante. Así, non sería ata [[1955]] cando, xa con contrato da [[RCA]], se fixese popular no conxunto de Estados Unidos, sobre todo despois de saír na televisión o [[9 de setembro]] de [[1955]].
 
===Grandes Éxitos===
 
En xaneiro de [[1956]] conseguiu o seu primeiro número un en vendas durante 27 semanas por ''Heartbreak Hotel''. Nese ano serían tamén número un varios temas como ''Hound Dog'' (durante tamén 27 semanas) así como os seus dous albumes ''Elvis Presley'' e ''Elvis'' que incluían versións clave na historia do rock and roll como ''Blue Suede Shoes'', ''One-Side Love Affair'' ou ''Rit it up''. Os shows televisivos de Milton Berle, Steve Allen e Ed Sullivan bateron records de audiencia coa súa presenza e os concertos comezaron a ser multitudinarios en dimansións sen precedentes.