Pearl Jam: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
m arranxiños
m Bot: Substitución automática de texto (-[[File: +[[Ficheiro: & -[[Image: +[[Ficheiro:)
Liña 40:
===''Vs''===
O segundo traballo da banda foi lanzado en outubro de [[1993]] baixo o nome de ''[[Vs.]]'' (aínda que o título non aparece en ningún lugar do disco). O grupo cambiou outra vez de baterista, [[Matt Chamberlain]] sairía para tocar na banda do programa de televisión ''Saturday Night Live'', e no seu lugar entraría [[Dave Abbruzzese]]. O disco foi moi ben recibido e o seu primeiro día vendería 350.000 copias.
[[FileFicheiro:EVedder06.jpg|thumb|200px|[[Eddie Vedder]] e [[Matt Cameron]]]]
Nese período a banda comeza a amosarse insatisfeita coa política comercial da Ticketmaster, a empresa estadounidense que controla a venda e distribuición das entradas dos concertos feitos nese país. O principal motivo era o prezo desas entradas, que a banda sempre loitou para manter baixo, ao contrario do que efectivamente acontecía. En maio, reclaman oficialmente á xustiza para unha investigación, acusándoos de monopolio, xa que non había outras empresas para así promover unha competencia, e, consecuentemente, baixar os prezos e forzar a mellora dos servizos. Rompen coa empresa e pasan a promover e organizar os seus propios concertos, obtendo apoio doutros artistas, como [[R.E.M.]], [[Aerosmith]] e [[Neil Young]]. Isto dificulta bastante a vida da banda, xa que a Ticketmaster facilitaba bastante ese proceso e eles acaban entrando nun baixón, que culmina con algúns problemas internos, ao mesmo tempo no que o Departamento de Xustiza desiste de investigar a Ticketmaster.
 
Liña 55:
 
===''No Code''===
[[FileFicheiro:Stone-Gossard 2007.jpg|thumb|250px|O guitarrista [[Stone Gossard]]]]
No ano [[1996]] volven a entrar no estudio e no mes de agosto lánzase ''[[No Code]]''. É un disco máis ecléctico e cun son máis variado que os tres discos anteriores. Con ''[[No Code]]'' Pearl Jam continúa coa súa política de non divulgar o álbum comercialmente polos medios habituais. Non lanzaron videos pola MTV, deron entrevistas ou presentacións en televisión. A prensa en xeral continúa boicoteándoos, pero a banda continua coa súa actitude. Mentres os medios critican ao quinteto, e especialmente a [[Eddie Vedder]], varios artistas saen na súa defensa, entre eles [[Michael Stipe]] de [[R.E.M.]] e [[Courtney Love]] de [[Hole]], dando así máis credibilidade á banda.
 
Liña 77:
 
===''Riot Act''===
[[FileFicheiro:PearlJam-Ticket2003.jpg|thumb|250px|Entrada dun concerto de maio do 2003]]
En [[2002]] a banda volta ao estudio para gravar o seu sétimo disco ao lado do produtor de Adam Kasper. En outubro saíu o primeiro sinxelo, da canción "I am Mine", e no mes seguinte é lanzado ''Riot Act''. O novo álbum é bastante maduro e agrada máis aos fans e críticos que ''Binaural''. A banda volve a rodar un novo video, para a canción "I am Mine" (o último fora o de "Do the Evolution" do disco ''[[Yield]]''), e anuncia que editará máis ''bootlegs'' como os da xira do disco anterior.
 
Liña 87:
 
=== Contrato con J Records ===
[[FileFicheiro:PJ-Albany.jpg|thumb|250px|Ao vivo no 2006]]
En febreiro [[2005]] a banda asinou un contrato co selo J Records e comezou a preparar un novo disco de estudio, despois do lanzamento dos dous recompilatorios e do directo. O novo disco, titulado ''[[Pearl Jam (álbum)|Pearl Jam]]'', foi lanzado en maio de [[2006]] e marcou un regreso ao son máis cru dos seus primeiros traballos.