Célula de Schwann: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
Liña 14:
As células de Schwann mielinizantes dos mamíferos empezan a formar a vaíña de mielina durante o desenvolvemento fetal e actúan enrolándose en espiral arredor do axón, ás veces dando 100 voltas. Unha célula de Schwann ben desenvolvida ten a forma dunha folla de papel enrolada, con capas de mielina entre cada volta. As capas internas desta envoltura, que son predominantemente material da [[membrana celular]], forman a vaíña de mielina, entanto que as capas máis externas do [[citoplasma]] nucleado forman o [[neurilema]]. Só un pequeno volume de citoplasma residual comunica as capas internas e externas, que nalgunhas zonas forma incisuras na mielina chamadas [[incisura de Schmidt-Lantermann|incisuras de Schmidt-Lanterman]] (ver debuxo da dereita).
Desde 2001 varios estudos experimentais implantaron células de Schwann intentando inducir a remielinización en casos de [[esclerose múltiple]].<ref>{{cite news| url=http://www.findarticles.com/p/articles/mi_m0850/is_4_19/ai_79957646 | work=Inside MS | title=First surgical transplant attempted to repair myelin - News - Brief Article | year=2001}}</ref> Nas últimas dúas décadas, moitos estudos demostraron resultados positivos e a posibilidade de utilizar o trasplante de células de Schwann como terapia para reparar danos na medula espiñal, axudando ao recrecemento e mielinación dos axóns danados no [[sistema nervioso central]].<ref>{{cite journal|doi=10.1089/neu.2006.23.453 |title=Schwann Cell Transplantation for Repair of the Adult Spinal Cord |year=2006 |last1=Oudega |first1=Martin |last2=Xu |first2=Xiao-Ming |journal=Journal of Neurotrauma |volume=23 |issue=3–4 |pmid=16629629}}</ref> De feito,
Se ás células de Schwann se lles impide asociarse cos axóns, o axón morre. Os axóns rexenerados non poderán alcanzar ningunha diana se as células de Schwann non está alí para axudalos nesa tarefa, servindo como guías. Demostrouse que van por diante do [[cono de crecemento]] do axón.
As células de Schwann son esenciais para manter os axóns sans. Producen diversos factores, como as [[neurotrofina]]s, e tamén transfiren a través dos axóns moléculas esenciais.
|