Os Resentidos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lmbuga (conversa | contribucións)
revisión
Xenxo (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
Os Resentidos eran un grupo de pop-rock en galego. que surxíu nos 80
 
Para ter unha idea do que significaron Os Resentidos no panorama do [[pop]] e do [[rock]] galego hai que poñerse en antecedentes. [[Antón Reixa]] era poeta e profesor de Instituto antes de encabezar este grupo de [[Vigo]] e, despois, tamén publicaría libros, realizaría vídeos, sería guionista e presentador televisivo, realizaría programas radiofónicos, colaboraría na prensa escrita...
Liña 5:
Polo tanto, o seu discurso, revestido de [[surrealismo]], deulle un certo aire de intelectualidade do que carecía o rock feito en [[Galicia]]. Do experimentalismo do seu primeiro disco, os seus músicos -[[Alberto Torrado]], [[Javier Soto]] e [[Xabier Debesa]]- foron avanzando cara a sons máis bailables, que tanto tocaban a [[cumbia]] como a [[pandeirada]] galega.
 
Tamén foron congruentes no emprego do galego como lingua exclusiva para toda a súa produción, influíndo así nunha xeración que asimilaron como posible e normal o uso da [[lingua galega]] neste [[rexistro]] lingüístico. Despois da súa disolución, Antón Reixa formaría Nación Reixa co produtor do último disco de Os Resentidos, Kaki Arkarazo de [[Negu Gorriak]], antes de editar un disco en solitario.