Para contactar comigo

Para contactar comigo, fai click na
palabra Galipedia da miña sinatura.
Fai click despois na pestana editar
da ventá que se abre. Escribe ó final
da páxina e, cando remates, asina (faiz
click no penúltimo botón da barra que
está encima de la caja de edición, o que
ten unha sinatura como debujo).

Benvido á Galipedia Xenxo: esta é a túa páxina de discusión, que che servirá para recibir mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses, etc. Grazas por colaborar connosco, a túa axuda é especialmente importante. Non dubides en contactar comigo para calquera cousa que desexes: estou á túa disposición.
A continuación inclúo o texto que di como está organizado o proxecto Galipedia. Este proxecto ademais da Galipedia inclúe

  • Wikisource para textos orixinais,
  • o Galizionario para entradas de dicionario,
  • Galicitas para citas textuais e
  • Galilibros para a publicación de libros.
  • Tamén hai unha extensión da comunidade galega en Commons —un repositorio de imaxes común a todos wikis—.

Podes establecer contacto cos outros usuarios nas diversas seccións da Taberna ou nas súas páxinas de discusión. Tes información sobre o funcionamento da wikipedia en galego en Wikipedia:Axuda, Wikipedia:Política e normas e no Portal da comunidade. Para calquera cousa que nos necesites aí nós tes.--Lmbuga Commons - Galipedia 11:08, 19 setembro 2006 (UTC)

Dios ke te crewEditar

Retiraches o marcador {{Atención}} cando aínda o artigo non está en condicións: fátanlle ligazóns, categoría, revisión lingüística,... Vou revisalo agora. Procura non retirar os marcadores sen facer os traballos precisos para poder retiralos. Non dubides en contactar comigo cando desexes. --Lmbuga Commons - Galipedia 11:08, 19 setembro 2006 (UTC)

BravúEditar

Grazas pola túa colaboración. Agora está moi ben. Véxoo moi ben, quiteille a marca de atención e fixen unha revisión de lingua. Na revisión eliminei a expresión castelá "no le hace ascos a" (en galego noxo) e substituína por "faille as beiras a". Non se me ocorreu outra. calquera cousa que desexes, xa sabes onde estou--Lmbuga Commons - Galipedia 13:03, 20 setembro 2006 (UTC)


Categoría MúsicaEditar

Ola Xenxo, estamos a traballar na elaboración das categorías da rama Música en Wikipedia talk:Wikiproxecto Categorías/Música. Como moitas das túas contribucións están relacionados con ese campo de coñecemento queremos pedir a túa axuda para pechar o debate e coñecer a túa opinión sobre o que se leva elaborado. En canto ao desenvolvemento da categoría a estrutura está determinada en parte por categorías comúns ao conxunto de ramas de categorías, pero atopamos problemas para decidir a clasificación da Música galega e para desenvolver a subcategoría Personalidades da música que entre outras cousas debe substituír á antiga categoría Artistas. Invítote a intervir no debate porque a túa aportación será moi útil para mellorar esta rama. Grazas. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 13:04, 3 outubro 2006 (UTC)

20.000 artigosEditar

Ola Xenxo. A Galipedia acadou a cifra de 20.000 artigos.

Por mor de teres colaborado connosco, e porque calquera contribución é importante e insubstituíble inda que sexa un feito puntual, ademais de agradecerche o teu labor, invitámoste aos diferentes espazos que na Galipedia celebran a consecución dos 20.000 artigos:

Agradeceriamos que te unises a esta celebración expresando a túa opinión en Wikipedia talk:20.000 artigos. Sabemos que isto non sempre será posible, pois algúns dos usuarios editores da Galipedia non han conectar estes días.

Grazas de novo por ser un máis entre nós.--Prevert(talk) --Lmbuga Commons - Galipedia 00:52, 6 decembro 2006 (UTC)