Os Resentidos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xenxo (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 23 de setembro de 2006 ás 10:02

Os Resentidos eran un grupo de pop-rock en galego.

Para ter unha idea do que significaron Os Resentidos no panorama do pop e do rock galego hai que poñerse en antecedentes. Antón Reixa era poeta e profesor de Instituto antes de encabezar este grupo de Vigo e, despois, tamén publicaría libros, realizaría vídeos, sería guionista e presentador televisivo, realizaría programas radiofónicos, colaboraría na prensa escrita...

Polo tanto, o seu discurso, revestido de surrealismo, deulle un certo aire de intelectualidade do que carecía o rock feito en Galicia. Do experimentalismo do seu primeiro disco, os seus músicos -Alberto Torrado, Javier Soto e Xabier Debesa- foron avanzando cara a sons máis bailables, que tanto tocaban a cumbia como a pandeirada galega.

Tamén foron congruentes no emprego do galego como lingua exclusiva para toda a súa producción, influíndo así nunha xeración que entendérono como posible e normal. Despois da súa disolución, Antón Reixa formaría Nación Reixa co productor do último disco de Os Resentidos, Kaki Arkarazo de Negu Gorriak, antes de editar un disco en solitario.


Discografía

  • Vigo,capital Lisboa (1984)
  • Fai un sol de carallo (1986)