Miguel Ángel Lotina: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 76:
Non tan exitosa foi a súa tempada na Real Sociedad (2006-07), onde chegou iniciada a tempada e co equipo que antes adestrara [[José Mari Bakero]] nunha lamentable situación. Lotina tratou de reconducir a situación pero salvo [[Sávio Bortolini|Sávio]] o resto de fichaxes realizadas no inverno foron un auténtico fracaso ([[Germán Herrera|Herrera]], Víctor López e Jesuli). Ademais en [[Donostia]] non chegaron nunca a entender o excesivo conservadurismo das súas formulacións coa gran necesidade de puntos que tiña o equipo, o cal unido ao primeiro descenso realista en 40 anos provocou a saída pola porta de atrás do adestrador.
 
Tras deixar a Real Sociedad ficha polo [[Deportivo da Coruña]], club que adestra actualmente. Na súa primeira tempada consigue unha gran segunda volta e clasifica ó equipo para xogar a [[Copa Intertoto]], competición na que se proclamaría campión, conseguindo unha praza para a [[Copa da UEFA]] do ano seguinte. O [[23 de maio]] de [[2011]] anunciou a súa renuncia, despois do descenso do Deportivo a [[Segunda División Española|Segunda División]] deixando unha amarga lembranza entre os siareiros branquiazúis polo seu excesivo planteamento defensivo e a pouca confianza que expresaba .<ref>[http://www.lavozdegalicia.es/deportes/2011/05/23/00031306144460519952597.htm?idioma=galego "Lotina confirma a súa marcha do Dépor"]</ref>
 
== Palmarés ==