Porta: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
compre traducir, non hai motivo para citar á biblia en castelán
Sen resumo de edición
Liña 9:
== Funcións ==
 
A porta satisfai a necesidade de evitar a '''entrada''' de intrusos, controlando o mesmo aos animais que aos humanos e os vehículos. Esta é a razón de ser dos postigos. Esta é tamén a función das portas das vilas e das cidades.
 
A porta satisfai a necesidade de '''illar''' das correntes de ar. Manter a temperatura do interior dun edificio é una función primitiva ligada ao control da ventilación e do aporte de calor. Nalgúns edificios disponse unha segunda porta, o cortaventos, que coarta a circulación de ar entre exterior e interior. A porta ocúpase tamén de manter o silencio no interior dos edificios, de illar os cheiros. Nas vivendas modernas considérase que para manter un nivel de confort aceptable cómpre ter locais especializados para a hixiene persoal, para a limpeza do edificio e para o almacenamento de lixos.
 
A porta, como a fiestra, satisfai a necesidade de marcar unha '''fronteira''' entre o dominio público e o privado, entre exterior e interior, non só visualmente, senón tamén xuridicamente. Tamén encárgase de '''organizar''' os espazos e regular o paso dunha peza a outra no interior dun edificio dun xeito cómodo e funcional. Na disposición e na configuración das portas a linguaxe formal empregada é unha convención que fala da súa función dentro dun edificio (non é o mesmo a porta dun armario que a dunha habitación).
 
A porta satisfai a necesidade de '''interromper''' o libre avance do lume en caso de incendio nun edificio. Convértese nun elemento protector para as vidas e os bens. Actualmente empréganse portas fabricadas especialmente para este propósito, cunha resistencia ao lume calculada e capacidade para actuar como devasa interior no edificio. As portas dos locais sensibles, como as dos arquivos ou as dos quirófanos, refórzanse para que poidan resistir máis tempo ao lume e impedir o paso de fumes e gases.
 
A porta satisfai a necesidade de '''separación''' e de '''reunión''' simbólicas, dende un punto de vista relixioso, filosófico ou político<ref>Umberto Eco. ''La estructura ausente''. Lumen, Barcelona, 1999. ISBN 84-264-1272-6</ref>. A porta é o limite entre o mundo natural e o sobrenatural no panteón do cemiterio, o límite entre o sacro e o profano na igrexa, o límite entre o civilizado e o rústico na cidade<ref>Deuteronomio 6:6-9: 6 ''Grábate en el corazón estas palabras que hoy te mando''.7 ''Incúlcaselas continuamente a tus hijos. Háblales de ellas cuando estés en tu casa y cuando vayas por el camino, cuando te acuestes y cuando te levantes''.8 ''Átalas a tus manos como un signo; llévalas en tu frente como una marca'';9 ''escríbelas en los postes de tu casa y en los portones de tus ciudades''.</ref>. Historicamente a porta non pode ser franqueada polos que perseguen a alguén que busca asilo en sagrado ou nun edificio diplomático.
 
A porta satisfai a necesidade '''estética''' e de '''representación''' social alén da súa función como elemento regulador do acceso. Edificios correspondentes a diversas tipoloxías os principios de composición da porta permanecen inalterables e obedecen a unha simboloxía idéntica. Esta fórmula ten dado o arco de triunfo, o arco conmemorativo, en ocasións como elemento efémero. A porta anuncia o rango dos habitantes dunha vivenda, a dignidade da función dun edificio público, a talla moral dunha función relixiosa.<ref>"Arbeit macht frei" líase sobre as portas dos campos de concentración.</ref>. Nun edificio común, ademais, as placas profesionais, as caixas postais, as aldrabas e os timbres forman parte da linguaxe pública da porta. Nas casas de veciñanza a porta principal ten indicado o número de policía, mentres que as portas de servizo carecen del.
 
A porta satisfai a necesidade de exercer un control sobre o '''tráfico''' de persoas e mercadorías que entran e saen da cidade. A porta convértese nun elemento de recadación fiscal a través dos portazgos e das alcabalas. Esta barreira atópase máis tarde na peaxe das estradas, no torno do metro e nas entradas do cinema, do museo, do circo, e mesmo no reloxo de fichar no traballo.
 
== Configuración ==
Liña 32:
 
O vao aberto na parede e que resulta pechado pola porta consta de tres elementos:
* '''Soleira''': na base, que en portas que dan ao exterior está normalmente levantada respecto ó chan de fóra para evitar a entrada de auga.
* '''Xambas''': os dous lados da porta, nos que se suxeitan os batentes. Nas casas tradicionais, de pedra, adoitan estar formadas por varias pezas de distinta forma e tamaño, aliñadas verticalmente cara o interior da porta. As pedras máis grandes, que avanzan no espesor da parede, denomínanse ''tranqueiros''; as máis pequenas, ''agullas''.
* '''Lumieira''': pedra situada horizontalmente sobre a porta. Chámase tamén ''capialzo'' ou ''lintel''.
 
== Tipos de portas ==