Uridín trifosfato: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 2:
O '''uridín trifosfato''', tamén chamado '''trifosfato de uridina''' ou, abreviadamente, '''UTP''', é un [[nucleótido]] de [[pirimidina]] formado polo [[nucleósido]] [[uridina]] esterificado en posición 5' cun grupo de tres fosfatos. Os seus compoñentes son: o azucre [[ribosa]], unido á [[base nitroxenada]] [[uracilo]] por [[enlace glicosídico|enlace N-glicosídico]] entre o carbono 1' da ribosa e o nitróxeno en posición 1 da base, e esterificado en posición 5' cun grupo de 3 fosfatos, os cales se unen entre si por [[enlace anhidro]].
 
Esta molécula encóntrase en todos os seres vivos e a súa principal función é proporcionar UMP para a [[transcrición (ARN)|transcrición]] de [[ARN]], é dicir, perde dous fosfatos en forma de [[pirofosfato]] durante a síntese, e enlázase aoá cadea de ARN en formación como UMP<ref name="Lehninger"/>.
 
O UTP tamén pode ser utilizado pola [[célula]] como fonte de enerxía en reaccións especializadas do metabolismo de [[carbohidrato]]s. Así, o UTP pode unirse a outras moléculas, activándoas para unha determinada ruta metabólica, formando moléculas de UDP-sustrato coa conseguinte liberación dun [[fosfato]] inorgánico. Así fórmanse moléculas como UDP-glicosa, UDP-galactosa ou UDP-glicuronato<ref name="Lehninger">Lehninger A. Principios de Bioquímica (1988). Omega. ISBN 84-282-0738-0</ref>.