Metafonía: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
lig int
Corrixido o símbolo AFI do vocal semiabierta posterior redondeada
Liña 1:
A '''metafonía''' é un fenómeno [[fonética|fonético]] e [[fonoloxía|fonolóxico]] que consiste na alteración do timbre dunha [[vogal]] tónica por influencia das vogais próximas. Este é un fenómeno propio do [[galego-portugués]] tamén presente noutras linguas romances como o [[Lingua italiana|Italiano]] e en zonas do astur-leonés. A metafonía propia do [[Lingua galega|galego]] e do [[Lingua portuguesa|portugués]] é a apertura da vogal tónica meia por causa de vogal final aberta ou o feche de vogal meia por vogal final fechada ou semi fechada.
 
O fenómeno chámase tamén '''metafonía nominal''' porque en galego e portugués non afecta a formas verbais mais só a nomes (substantivos e adxectivos).O caso máis común de metafonía é cando o -o final fixo que as dúas vogais tónicas /ε/ /ωɔ/, abertas etimoloxicamente, pasasen a pechadas /e/ /o/ nunha parte do territorio [[Galiza|galego]].
A evolución do [[latín]], sería:
* ''mĕtum'' > /'mεdo/ Pero a metafonía fixo que se pronuncie: /'medo/
*'' ŏculum'' > /'ωλoɔλo/ Mais as zonas con metafonía pronuncian: /'oλo/
 
As palabras afectadas pola metafonía non ocupan áreas totalmente idénticas, senón que varían segundo a palabra. Pero pódese dicir que ocupan sempre a parte occidental de [[Galicia]]. Expandíndose cara o sector central e sendo o oriental o que máis se resiste.
No caso de /'mεdo/ as únicas zonas sen metafonía son as do galego máis oriental e tamén o [[galego exterior]]. Hai un claro dominio de /'medo/ no resto do territorio galego.
 
Non pasa o mesmo en ollo, pronúnciase sen metafonía /'ωλoɔλo/ na totalidade da provincia de [[Ourense]], no galego exterior, en [[Lugo]] (aínda que nalgúns sitios hai algo de metafonía coma no [[Ortegal]]), e tamén concellos fronteirizos entre [[Pontevedra]] e [[Ourense]]. [[Manuel Ferreiro Fernández|Manuel Ferreiro]] refire que nalgúns caso a metafonía serve para diferenciar significados como entre ollo da cara e ollo dun obxecto. A metafonía provocada por -a final é moito menos común na Galiza.
 
Nos dialectos portugueses centro-meridionais o sistema é lixeiramente diferente, pois alí diferenciase entre o singular con metafonía e o plural sen ela. Williams di que isto se debe a que o '''-s''' final fixo mais lenta a evolución da pronuncia do '''o''' postónico a '''-u''' e polo tanto detivo a metafonía.