Cifra: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xoio (conversa | contribucións)
arranxiños
Xoio (conversa | contribucións)
arranxiño
Liña 1:
Unha '''cifra''' ou '''díxito''' é un signo ou carácter que serve para representar un [[número]]. En [[matemáticas]] e [[ciencia]] da [[informática|computación]], un '''díxito numérico''' é un símbolo, p. ex. 3, usado en [[numeral|numerais]] (combinacións de símbolos), p. ex. '''37''', para representar números ([[enteiro]]s ou [[Número real|reais]]) en [[sistema de numeración|sistemas de numeración]] [[notación posicional|posicionais]].
 
A palabra [[cifra]] vén do [[lingua árabe|árabe]] ''ṣifr'', 'cero' (que despois se ampliou para os outros díxitos), e [[díxito]] provén do [[latín]] ''digitus'', 'dedo', porque os 10 [[dedo]]s corresponden aos 10 díxitos no sistema numérico común en [[base]] [[10]], isto é, un díxito decimal).
Liña 57:
A historia non contempla os títulos e honores dos doutos. Os procesos sociais cambian irremediabelmente algúns dos conceptos orixinais. Cando o pobo adopta un uso é inútil calquera esforzo en sentido contrario.
 
Nas [[Idade Antiga|Idades Antiga]] e [[Idade Media|Media]] os cálculos eran realizados por expertos. Até a adopción definitiva do sistema de posición e o cero, a multiplicación e a división realizábanse por duplicacións e mediacióne, respectivamente. Por exemplo, para multiplicar un número por 13 descompoñíase o multiplicador en potencias de 2, neste caso, 8 + 4 + 1. O multiplicando duplicábase dúas e tres veces. Logo sumábanse a tripla duplicación, a dupla duplicación e a cantidade orixinal. A división seguía un proceso análogo pero inverso. Os cálculos demandaban moito tempo de traballo e o custo era elevado. Pode observarse un residuo disto na forma en que se subdividen as medidas antigas, como a ''polegada inglesa'': medios, cuartos, oitavos, dezseisavos, tintaeduosavos.
 
Os comerciantes daqueles tempos debían liquidar estes gastos para ter control e información dos seus negocios. Cando chegou a eles a noticia do novo sistema de numeración viron moi prontamente a vantaxe que lles daba. Os cálculos eran fáciles de realizar e xa non facía falta unha formación superior para dominar as operacións aritméticas. Non terían que pagar polo servizo dun experto.