Antístenes: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
CocuBot (conversa | contribucións)
m r2.6.1) (Bot: Engado: kk:Антисфен
Xas (conversa | contribucións)
Hipias de Élide
Liña 1:
[[Ficheiro:Antisthenes BM 1838.jpg|thumb|right|Busto de Antístenes]]
'''''Antístenes''''' ([[-444|444 a. C.]] — [[-365|365 a. C.]]) foi un [[filósofo]] [[Grecia|grego]], o fundador da escola [[cinismo|cínica]]. Nado en [[Atenas]] de pais [[tracios]], a súa condición de estranxeiro marcouno durante toda a súa vida. Estímase que gozou de boa posición económica durante a súa xuventude, e estudou retórica baixo [[Gorxias]], [[Hipias de Élide|Hipias]] e [[Pródico]].
 
Desencantado da filosofía existente, perdeu a fe nela. Nesa situación fíxose discípulo de [[Sócrates]]. O seu entusiasmo pola disciplina socrática levouno a fundar unha escola no santuario e ximnasio de [[Cinosargo]]; o nome do lugar (probablemente de κύων ἀργός, ''kýon argós'', "can áxil") é unha das probables orixes para o nome de ''cínicos'' (no [[lingua grega|grego]] κυνικός, ''kynikós'', "semellante ao can"). Os seus discípulos contábanse sobre todo entre as clases populares, debido á simplicidade que predicaba. A súa vestimenta —capa e [[báculo pastoral|báculo]]— converteuse no uniforme da escola.