Belo Horizonte: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 14:
==O proxecto da nova capital de Minas==
[[Ficheiro:Planta BH.jpg|thumb|right|270px|Plan de Aarao Reis, 1895 (o N embaixo)]]
 
O plan de Aarao Reis tentaba unha síntese entre a cuadrícula colonial americana e os exemplos paradigmáticos do urbanismo do século que finaba: o [[París]] de Haussmann e [[Washington]] coas súas grandes arterias diagonais, ademais dunha gran avenida perimetral (Av. do Contorno). Esta separaba a área propiamente urbana dun área suburbana con trazado irregular de transición cara a área rural.
[[Ficheiro:Afonsopena1900.jpg|thumb|left|200px|<center>Avenida Afonso Pena, arteria principal de BH, 1900<center/>]]
Liña 26 ⟶ 25:
==Pampulha==
[[Ficheiro:IgrejaPampulha.jpg|thumb|left|170px|Igrexa de S.Francisco]]
 
A excepción máis notable dese desenrolo desordenado e anónimo foi a erección do conxunto de [[Pampulha]], un barrio ao norte. Dende 1940 era ''prefeito'' da cidade [[Juscelino Kubitschek]] (despois presidente do país e impulsor de [[Brasilia]]), que deseguido encargou ao arquitecto [[Oscar Niemeyer]] o plan de acondicionamento do entorno dunha lagoa artificial embalsada nese tempo. O resultado foi un conxunto arquitectónico e paisaxístico de lecer (1943 <ref> ''Conxunto de Pampulha, "Arquitextos 004"'' [http://www.vitruvius.com.br/arquitextos/arq000/esp011.asp]</ref>) que supuxo o lanzamento da arquitectura moderna brasileira na escea internacional e por extensión a de Niemeyer e outros artistas que colaboraron, sinaladamente o paisaxista [[Burle-Marx]].
 
Liña 32 ⟶ 30:
 
==Metrópole==
 
O crecimento froito da industrialización foi intenso a partires de entón. O centro densificouse polo incremento de alturas ata configurar un bosque de pequenos rañaceos <ref> ''Vista aérea coa dobre retícula e as primeiras torres, 1960'' [http://farm3.static.flickr.com/2549/3993960192_c09e9a6802.jpg]</ref><ref> ''Idem, Av.Afonso Pena e Parque Municipal en primeiro plano; detrás á dereita Praza Soares, 1950'' [http://4.bp.blogspot.com/_Ozh5N9Bx1jY/SWlegPsgRSI/AAAAAAAAAnM/iuLjhGiTCQ4/s1600-h/Belo-Horizonte-1950.jpg]</ref><ref> ''Vista xeral do centro na actualidade'' [http://gisele.gika.zip.net/images/BeloHorizonte.jpg]</ref>. Pronto os límites da ''prefeitura'' foron sobrepasados, comezando a conformarse a área metropolitana que continúa a expansión da terceira metrópole do [[Brasil]] <ref> ''Vista satelital da área metropolitana de BH'' [http://www.zonu.com/imapa/americas/small/Mapa_Satelital_Foto_Imagen_Satelite_Ciudad_Belo_Horizonte_Brasil.jpg]</ref>.
 
 
 
==Notas==
{{listaref}}
<references/>
 
 
{{DEFAULTSORT:Belo Horizonte}}
[[Category:Historia de cidades]]
[[Categoría:Cidades de Minas Xerais]]