Ácido oxalacético: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 18:
'''Ciclo do ácido cítrico'''. O oxalacetato é un intermediario do [[ciclo do ácido cítrico]], no cal se condensa co [[acetil-CoA]] para producir [[citrato]] nunha reacción catalizada pola [[citrato sintase]], na cal se introducen dous carbonos no ciclo<ref name="urlCitric Acid Cycle Reactions">{{cite web |url=http://www.elmhurst.edu/~chm/vchembook/611citricrx.html |título=Citric Acid Cycle Reactions |format= |work= |accessdate=2009-04-18}}</ref>.
 
O oxalacetato fórmase no ciclo do ácido cítrico por oxidación do L-[[malato]] nunha reacción catalizada pola [[malato deshidroxenase]]. Tamén se pode formar a partir do piruvato en reaccións de recheo ([[reacción anaplerótica|anapleróticas]]) dos intermediarios do ciclo do ácido cítrico.
 
'''Gliconeoxénese'''. O oxalacetato pode contribuír á [[gliconeoxénese]]<ref name="Lehninger">{{Cita libro|autor=Lehninger A.| título=Principios de Bioquímica|ano=1986|editor=Omega}}</ref>, xa que é necesario como intermediario para converter o piruvato mitocondrial en fosfoenolpiruvato, xa que para iso non se pode utilizar a reacción da glicólise en sentido inverso, porque é irreversible. O piruvato descarboxílase a oxalacetato e este despois transfórmase en malato pola malato deshidroxenase. O malato ten un sistema de transporte especial, que permite que saia da mitocondria, e, unha vez no citoplasma, reoxídase a malato pola forma [[citosol|citosólica]] da malato deshidroxenase. Despois, o malato do citosol transfórmase en fosfoenolpiruvato pola fosfoenolpiruvato carboxiquinase. Despois o fosfoenolpiruvato xa pode continuar a gliconeoxénese.
 
'''Lanzadeira do acetilo'''. Na síntese de lípidos é necesario [[acetil-CoA]], pero case todo el está na mitocondria e non pode atravesar as membranas mitocondriais. Existe un sistema de [[lanzadeira do grupo acetilo]] na que intervén o malato<ref name="Lehninger"/>, que permite levar o acetil-CoA das mitocondrias ao citosol. O oxalacetato condénsase co acetil-CoA formando citrato. o citrato sae da mitocondria polo transportador dos tricarboxilatos e no citosol convértese outra vez en oxalacetato e acetil-CoA. Despois o axalacetato convértese en malato, o malato pasa á mitocondria polo transportados de dicarboxilatos e alí rexenera o oxalacetato, pechando o ciclo.