Célula de Purkinje: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 24:
As células de Purkinje mostran actividade electrofisiolóxica espontánea en forma de trens de picos dependentes de sodio ou de calcio, como foi inicialmente mostrado por [[Rodolfo Llinas]] (Llinas e Hess (1977) e Llinas e Sugimori (1980)). Os canais de calcio de tipo P foron bautizados con esa letra polas células de Purkinje, onde se atoparon inicialmente (Llinas et al. 1989), os cales son fundamentais para o funcionamento do cerebelo. Demostrouse recentemente que a activación polas fibras gaveadoras das células de Purkinje pode cambiar desde un estado de repouso a un estado espontaneamente activo, e viceversa, servindo como un tipo de conmutador (Loewenstein et al., 2005, Nature Neuroscience). Porén, estes descubrimentos foron postos en cuestión recentemente por un estudo que suxería que ditos conmutadores dos impulsos das fibras gaveadoras aparecen predominantemente en animais anestesiados, e que as células de Purkinje en animais despertos, en xeral, operan case continuamente no estado activo (Schonewille et al., 2006, Nature Neuroscience).
 
Certos descubrimentosexperimentos suxiren que as dendritas das células de Purkinje liberan endocannabinoides que poden facer diminuír transitoriamente tanto as sinapses excitatorias coma as inhibitorias<ref>{{cite journal |author=Kreitzer AC, Regehr WG |title=Retrograde inhibition of presynaptic calcium influx by endogenous cannabinoids at excitatory synapses onto Purkinje cells |journal=Neuron |volume=29 |issue=3 |pages=717–27 |year=2001 |month=March |pmid=11301030 |doi=10.1016/S0896-6273(01)00246-X}}</ref>.
 
==Trastornos relacionados coas células de Purkinje==