Lisina: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 7:
grupo amino protonable que a miúdo participa na formación de [[ponte de hidróxeno|pontes de hidróxeno]] e como base xeral nas [[catalizador|catálises]].
 
Este grupo amino, ademais de darlle [[carga eléctrica|carga positiva]] ás [[proteína]]s, é [[acetilable]] por [[encima]]s específicos, coñecidos como [[acetiltransferase]]s. Considérase que esta [[acetilación]] é unha modificación ''post-traducional'', xa que se produce despois da [[tradución (xenéticaproteínas)|tradución]] da proteína a partir do [[ARN mensaxeiro]]. Porén, as súas modificacións post-traducionais máis comúns inclúen a metilación do grupo ε-amino, que dá como resultado a metil-, dimetil- e a [[trimetillisina]]. Isto último ocorre na proteína [[calmodulina]].
 
O [[coláxeno]] contén [[hidroxilisina]], que se deriva da lisina a través da [[lisil hidroxilase]]. A ''O''-[[glicosilación]] dos residuos de lisina no [[retículo endoplasmático]] ou no [[aparato de Golgi]] utilízase para marcar certas proteínas para a [[secreción]] fóra da [[célula]].