Orochimaru: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 16:
|extra =
|relevancia = Inimigo principal
|familia = Pais (mortos)
|seiyu = {{JPNb}} [[Kujira]]<br />[[Yuriko Yamaguchi]] (Ninja da Herba)<br />[[Mayumi Yamaguchi]] (neno)<br />[[Sachiko Kojima]] (corpo de muller)
}}
Liña 75:
 
==== Búsqueda de Tsunade ====
Orochimaru busca á súa anterior compañeira de equipo, [[Tsunade]], coa esperanza de que ela poida restaurarlle os seus brazos. Ó atopala, ofrécelle como pago resucitar ó seu antigo amor e ó seu irmán pequeno. Aínda que ela considera a oferta, despois da reunión con [[Naruto Uzumaki|Naruto]], rexeitaa, sabendo que Orochimaru destruiría [[Konoha]] se lle chega a curar os brazos. Ante a súa oposición debe loitar non só contra [[Tsunade]], senón tamén con [[Jiraiya]]. No seu estado debilitado, Orochimaru non pode presentar moita guerra contra os seus antigos compañeiros Sannin e cae derrotado a pesar de ter innvocado á serpe xigante [[Manda (Naruto)|Manda]]. Fuxe da batalla, ameazando con regresar e destruír [[Konoha]] e con tomar un novo anfitrión para a súa alma.
 
==== A recuperación de Sasuke ====
Orochimaru envía ós seus catro secuaces, os Catro do Son, para que traian a [[Sasuke Uchiha|Sasuke]], e sexa o seu novo corpo, pero Sasuke chega tarde logo da violenta loita contra Naruto e escolle outro no seu lugar. Debido a que a técnica para cambiar de corpo só se pode facer cada tres anos, deberá agardar, e debido a iso comeza a adestrar ó xoven Uchiha.
 
=== Segunda parte ===
==== Encontro co Equipo Kakashi ====
Tres anos máis tarde, [[Sakura]], [[Naruto Uzumaki|Naruto]], [[Sai]] e [[Yamato (Naruto)|Yamato]] van en busca do espía de [[Sasori]], ata a ponte do ceo e a terra. Yamato disfrázase de Sasori para atoparse co espía, que non é outro que [[Kabuto]]. Comeza a loita e Orochimaru enfróntase a soas con [[Naruto Uzumaki|Naruto]] que está na forma de catro colas de [[Kyūbi]]. Aínda que Orochimaru parece gozar da batalla, os ataques de Naruto son moi potentes e o seu corpo de fraquea ó ser levado ó límite e debe fuxir.
 
==== O desafío de Sasuke e a derrota do Sannin ====
Namentres que Orochimaru xace no seu leito descansando, o seu corpo comeza a fallar e Sasuke aproveitao para atacalo co [[Chidori]]. Entón Orochimaru revela a súa forma verdadeira (Unha serpe branca xigante conformada por máis serpes), e ataca a Saske. A loita remata co Sannin atrapado dentro do corpo de Sasuke.
 
==== Sasuke contra Itachi ====
Avanzada a batalla entre [[Sasuke Uchiha|Sasuke]] e [[Itachi Uchiha|Itachi]], o maior dos irmáns vese forzado a empregar a técnica definitiva do [[Mangekyō Sharingan]], o [[Susanō]], despois de fallar co [[Tsukuyomi]] e co [[Amaterasu (Naruto)|Amaterasu]], e de ser ferido polo [[Kirin]] de Sasuke. Sasuke quedou sen chakra e o sannin aproveita a oportunidade liberarse. Logo emprega o [[Yamata no jutsu]] sobre Itachi, pero o Susanō desfaise das cabezas da gran hidra. Logo, coa espada ''Totsuka'' de Susanō, Itachi sela a Orochimaru nun mundo de [[genjutsu]] eterno.
 
==== A Cuarta Gran Guerra Ninja ====
Anko e Danzo buscan a [[Kabuto]] quen ten ou pode ter información sobre os resultados das investigacións que facía Orochimaru, xa que el mesmo se implantou [[ADN]] do Sannin para facerse máis forte.
 
=== Misións Feitas ===