Micrópilo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Pexego (conversa | contribucións)
traducido da wiki española
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 1 de xullo de 2011 ás 11:31

En botánica, o micrópilo ou a micrópila é unha abertura ou orificio, a modo de canle, que se acha na porción apical dos óvulos ou rudimentos seminais. Este canale áchase delimitado por un ou polos dous tegumentos do óvulo. Neste último caso, a abertura limitada polo tegumento interno chámase «endóstoma», e a abertura deixada polo tegumento externo é o «exóstoma» e a micrópila dise «biestomática». Ambas as aberturas poden coincidir perfectamente ou estar lixeiramente desprazadas. Neste último caso, cando se observa o óvulo en corte lonxitudinal, a micrópila descríbese como «micrópila en zig-zag».

Esquema dun óvulo en ximnospermas e anxiospermas amosando a posición da micrópila.