Coníferas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Pexego (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Pexego (conversa | contribucións)
Liña 47:
O [[arilo]] é un cono extremamente modificado de moitas especies das familias ''Podocarpaceae'', ''Cephalotaxaceae'', ''Taxaceae'' e dunha especie de ''Cupresaceae'' (''Juniperus''), que evolucionou no sentido da dispersión das sementes polos animais.
 
Os conos [[masculino]]s teñen estruturas chamadas [[microsporanxioesporanxio|microsporanxios]]s que producen un [[pole]] amarelado, que é xeralmente levado polo vento até os conos femininos. Os grans de pole das coníferas actuais producen [[tubo polínico|tubos polínicos]] como a maioría das [[anxiosperma]]s, onde se dá a [[meiose]] para a [[fertilización]] do [[gametofito]] feminino. O [[cigoto]] desenvólvese nun [[embrión]] que, en conxunto co seu [[tegumento]], transfórmase nunha [[semente]].
 
Os esporanxios femininos localízanse en órganos de forma cónica, chamados [[piña]]s, frecuentemente cubertos por escamas endurecidas (carpelos). As escamas encaixan perfectamente unhas nas outras e só se abren despois da fecundación, para liberar a semente. As piñas son as flores femininas e por veces pode haber outras estruturas, diferentes de piñas, como gálbulas, entre outras menos comúns.