Proxecto Apollo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
formato
m arranxiños menores
Liña 6:
Para os experimentos [[Apollo]], o equipo das misións estaba deseñado para recolle-la máxima información posible sobor da [[Lúa]]. A maior parte do material quedou alí para seguir recollendo información trala partida dos astronautas. Os ALSEP (siglas dos grupos de experimentos científicos na superficie luar do programa Apollo) tiñan os seus xeradores propios e radiotransmisores para envia-los resultados á Terra. Os astronautas recolleron mostras das rochas e do solo. Analizáronse na [[Terra]] e comprobouse que a Lúa contén elementos similares ós da Terra.
 
==Características técnicas===
[[Ficheiro:LuaApolos.JPG|300-px|thumb|right|Lugares de aluaxe das misións Apollo.]]
 
Liña 64:
Durante o voo, que durou case 11 días (10 días, 20 horas, 9 minutos e 3 segundos) deron 163 voltas arredor da Terra, comprobando o funcionamento dos dous equipos (módulo de mando e módulo lunar), facendo fotografías e transmitindo imaxes de televisión. Os médicos puideron estuda-lo comportamento do organismo humano nunha longa permanencia no cosmos. A amaraxe foi ó suroeste das Bermudas, a case 2 km do punto previsto, a 27º 32' N e 64º 4' W. A tripulación foi rescatada por un helicóptero e levada a bordo do Essex dos U.S.S.
 
===Apollo 8. Saturn V. AS-503===
O foguete foi lanzado ás 7:51:00 do sábado [[21 de decembro]] de 1968 dende a torre 39-A do Centro Espacial Kennedy, e tres días despois estaba en órbita lunar. A tripulación da misión Apollo 8, pasou á historia por se-la primeira en escapar á gravidade terrestre e realizar un viaxe de case 400.000 km ata a Lúa, dando dez voltas arredor da mesma. Os astronautas Bormam, Lovell e Anders dedicáronse a localizar posibles lugares de aluaxe. Neste intre a misión consistía en aplicar unha inxección translunar ás 2:56:05.5 horas facendo que a nave alcanzase 376.745 km de distancia máxima da Terra; inxección en órbita lunar ás 69:08:20 horas que faría que a nave orbitase a 312 km por 111 km da Lúa; despois de facer 20 horas e 10 órbitas o redor do satélite recibe unha nova inxección transterrestre ás 89:19:17 horas que devolve a nave cara á Terra.