Mosteiro de San Xulián de Samos: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
→Historia: arranxiños |
arranxiños |
||
Liña 1:
{{Outroshomónimos|Samos (homónimos)}}
{{Coordenadas|42_43_55.38_N_07_19_33.96_W| 42° 43' 55" N 07° 19' 34" O}}
[[Ficheiro:Samos. Mosterio de San Xulián.Galicia 3.jpg|thumb|275px|Fachada.]]
[[Ficheiro:Mosteiro de San Xulián de Samos.jpg|thumb|275px|Claustro do mosteiro.]]
O '''Mosteiro de San Xulián de Samos''' é un [[mosteiro]] [[medieval]] fundado no [[século VI]] segundo a tradición por [[Martiño de Dumio]] e que chegou a ser un dos de maior importancia de [[Galicia]] e que na actualidade se atopa en bo estado de conservación. Pertence á orde dos [[beneditino]]s e está no concello de [[Samos]] ([[provincia de Lugo]]).
==Historia==
A súa fundación atribúeselle a [[Martiño de Dumio]]. Sábese que foi renovado por [[Froitoso de Braga]] no [[século VII]], mais o primeiro escrito que o menciona é do ano [[665]]: unha inscrición nos muros do claustro da portaría que di que foi reconstruído polo bispo de Lugo [[Ermefredo]]. Despois desta restauración foi abandonado coa [[invasión musulmá]], até a reconquista do rei [[Fruela I]] das Asturias (arredor do [[760]]). Cando, anos máis tarde, este foi asasinado, atoparon refuxio nel a súa viúva e o seu fillo, o futuro [[Afonso II de Asturias|Afonso II, o Casto]]. Gañou con isto a protección real, comezando polas propiedades en media milla á redonda, que propiciaría o seu crecemento. A comezos do [[século X]], o bispo de Lugo, [[don Ero]], tentou facerse co seu control e expulsou os monxes. No mesmo século foi reocupado a instancias do rei [[Ordoño II]] e desde [[960]] a comunidade viviu baixo a [[regra de San Bieito]], aínda que no [[século XII]] sumouse á [[Cluny|reforma cluniacense]] co bispo [[don Xoán]].
O mosteiro de Samos desfrutou de grande importancia durante a [[Idade Media]], o que se reflicte en que posuía duascentas vilas e quiñentos lugares. En [[1558]], incorporado xa a San Benito El Real de Valladolid, sufriu un incendio que obrigou á súa total reedificación. A comunidade foi [[exclaustración|exclaustrada]] en [[1835]], aínda que os monxes beneditinos regresaron en [[1880]]. Sufriu outro incendio en [[1951]], tras o que foi reconstruído.
==Descrición==
Nel atópanse tres estilos arquitectónicos, o [[gótico]] tardío, o [[Renacemento|renacentista]] e o [[barroco]].
===
A '''igrexa''', [[barroco|barroca]], foi construída entre [[1734]] e [[1748]]. Ten [[planta]] de [[cruz latina]] e tres [[nave]]s. O interior é luminoso e solemne. A bóveda está iluminada por oito [[óculo]]s e as pinturas dos catro doutores [[Virxe María|marianos]] beneditinos ([[Anselmo]], [[Bernardo]], [[Ildefonso]] e [[Ruperto]]). O [[
===
Conta con dous claustros. O '''Claustro Grande''' foi construído entre [[1685]] e [[1689]] e ten 3.
O '''Claustro Pequeno''' ou "das [[Nereida]]s" foi construído entre [[1539]] e [[1582]] polo monfortino [[Pedro Rodríguez]], cuxo nome aparece nunha das claves da banda suroeste. Imita o estilo [[gótico]] e conta con curiosos motivos de decoración, como a inscrición
O mosteiro foi colexio de Teoloxía e Filosofía e é parada importante do [[Camiño de Santiago]], xa que conta cunha [[hospedaría]].
|