Vesícula: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Toliño (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 46:
*As vesículas de gas das [[Archaea|arqueas]], [[bacteria]]s e moitos microorganismos [[plancto|planctónicos]], parece que serven para controlar a migración vertical na columna de auga, regulando o contido de gas da vesícula e, xa que logo, a flotabilidade, ou permiten á célula situarse de modo que teña unha captación máxima de luz.
 
*As vesículas da [[matriz extracelular]] que interveñen na mineralización localízanse no espazo extracelular ou matriz do tecido cartilaxinoso e óseo. Foron descubertas independentemente en 1967 en observacións de [[microscopio electrónico|microscopía electrónica]] por H. Clarke Anderson<ref>{{cite journal |author=Anderson HC |título=Electron microscopic studies of induced cartilage development and calcification |journal=J. Cell Biol. |volume=35 |issue=1 |pages=81–101 |year=1967 |pmid=6061727| doi = 10.1083/jcb.35.1.81 |pmc=2107116}}</ref> e Ermanno Bonucci.<ref>{{cite journal |author=Bonucci E |título=Fine structure of early cartilage calcification |journal=J. Ultrastruct. Res. |volume=20 |issue=1 |pages=33–50 |year=1967 |pmid=4195919| doi = 10.1016/S0022-5320(67)80034-0}}</ref> Estas vesículas exteriores derivan das células e están especializadas en iniciar a [[biomineralización]] da matriz de diversos [[tecido]]s, como [[óso]], [[cartilaxe]], e [[dentina]]. Durante o proceso normal de [[calcificación]], un incremento do fluxo de ións [[calcio]] e [[fosfato]] nas células vai acompañado da [[apoptose]] da célula (autodestrución xeneticamente determinada) e a formación de vesículas da matriz. A entrada de calcio tamén leva á formación de complexos de [[fosfatidil-serina]]-calcio-fosfato na membrana plasmática mediada en parte polas proteínas [[anexinas]]. As vesículas da matriz evaxínanse da membrana plasmática en sitios de interacción coa matriz extracelular, e transportan á matriz extracelular calcio, fosfato, lípidos e as proteínas anexinas, o cal leva a nuclear a formación de cristais do mineral. Estes procesos están coordinados de maneira moi precisa para conseguir, no momento e lugar adecuado, a mineralización da matriz do tecido.
 
* Os endosomas coñecidos como [[endosoma|corpos multivesiculares]] ou MVB, son unhas vesículas rodeadas de membrana que conteñen no seu interior outras pequenas vesículas, chamadas vesículas luminais, que se orixinaron por invaxinación da membrana perimetral do endosoma. Se soltan as súas vesículas internas no exterior da célula poden orixinar [[exosoma]]s.
 
==Formación e transporte de vesículas==