Proplasto: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición |
Sen resumo de edición |
||
Liña 2:
Os '''proplastos''' ou '''protoplastidios''' son pequenos [[orgánulo]]s específicos das [[célula vexetal|células vexetais]] da familia dos [[plasto]]s, de estrutura simple e non diferenciados, que se atopan xeralemente nos [[meristemo]]s, é dicir, nos tecidos compostos de pequenas células indiferenciadas, que se dividen activamente, situados nas zonas en crecemento da planta. Son de pequeno tamaño comparado con outros plastos (apenas máis grandes ca unha [[mitocondria]]), co seu estroma rodeado por unha membrana dobre, que contén algunhas lamelas escasas e curtas e algunhas [[vesícula]]s. Os proplastos multiplícanse probablemente por fisión binaria para manterse nas células meristemáticas en división.
A maduración dun proplasto en plasto funcional está correlacionada coa diferenciación da [[célula]] na que se encontra. Así, un proplasto situado nunha célula exposta á luz transformarase preferentemente en [[cloroplasto]], o que se traduce nun aumento de tamaño substancial, a formación de numerosas lamelas membranosas a partir das vesículas que se forman por invaxinación da membrana
|