Courtney Love: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
m imaxe
Beninho (conversa | contribucións)
m de en.wiki
Liña 58:
 
Hole realizou o seu primeiro concerto en novembro de [[1989]], despois de tres meses de ensaios, e editou sinxelos co selo independente de [[Long Beach, California]] [[Sympathy for the Record Industry]]. O seu primeiro sinxelo, titulado "[[Retard Girl]]", apareceu na primavera de [[1990]], e foi producido polo entón xa ex-marido de Love James Moreland. Un ano despois a banda lanzou o segundo sinxelo, "[[Dicknail]]", a través de [[Sub Pop Records]].
 
Influenciados polos sons e o estilo das bandas de [[no wave]], Love buscou á [[Kim Gordon]], baixista de [[Sonic Youth]], para producir o seu primeiro álbum, unha proposición que Gordon aceptou. O álbum de estrea de [[Hole]], ''[[Pretty on the Inside]]'', foi editado en setembro de [[1991]] a través do selo [[Caroline Records]] e foi producido por Gordon e por Don Fleming, da banda [[Gumball]]. Tivo boas vendas para ser unha edición independente, e recibiu críticas favorables na prensa musical alternativa británica, chegando ao posto 59 da lista británica de álbums en outubro de [[1991]]. Love saiu de xira con Hole para promocionar o traballo nos [[Estados Unidos]] e a esta seguíulle outra por [[Europa]] e o [[Reino Unido]].
 
{{Hole}}