Lobishome: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
outros art.
arranxo da lingua
Liña 1:
[[Ficheiro:Lobishome Pontevedra.jpg|thumb|right|Graffiti dun lobishome en Pontevedra.]]
Un '''lobishome''' é un [[home]] que se cre convertido en [[lobo]] e se comporta como tal. Os lobishomes son os protagonistas de moitas lendas populares galegas e de fóra. Tamén se denomina co termo culto '''licántropo'''.
 
== Características ==
A palabra vén do latín "''hominem lupum''" (''home lobo''). Esta figura mítica podería estar relacionada coa enfermidade mental chamada ''kynanthropos'' ou ''lykanthropos nosos'', estudada xa polo médico do tempo de Adriano, Marcelo de Side.
 
Na crenza popular as metamorfoses obedecen a diferentes motivos: á maldición do pai, aoa ter nado o 24 de [[Nadal]], noite do nacimento de [[Cristo]]; a ser o séptimosétimo fillo varón (noutras versións, o noveno). Tamén existe a tradición que sinala que un matrimonio que teña sete fillas, e ningún home, ten a obriga de entregar a súa filla, que se converterá en pieira dos lobos; tamén pode caír a fada por envexa, bruxería ou mal de ollo que lle fagan a un, ou por unha soberbia que botase el mesmo.
 
O lobishome, de noite cámbiase en lobo de distintos xeitos, os primeiros síntomas da doenza preséntanse en forma de fonda tristura. A seguir, nun día determinado, xeralmente un venres ás doce da noite, foxe da casa e prodúcese a transformación. Fai entón toda clase de ruindades e crimes, especialmente con seres humanos. Namentres anda de lobo, non hai pau, nin pedra, nin arma branca, nin bala que o poida ferir.
Liña 13:
 
Do lobishome correron por Europa centos de historias e casos que deron lugar a causas por bruxería e a escritos de moitas sortes.
Na literatura clásica aparece, como máis citado, o caso do rei [[Lycaon]] de [[Arcadia]], convertido en lobo por [[Zeus]], por terlle dedicado sacrificios humanos, ou por [[Hera]], en vinganza dos amores de Zeus con Calisto, filla daquel rei. O caso de [[Rómulo e Remo]] aseméllase óao dos nosos ''peeiros dos lobos''.
Onde foi máis corrente a crenza é nos pobos xermánicos. Historia típica é a do cabaleiro que vai de caza, persegue a unha loba e chega a lle cortar unha das patas de diante; volta ao seu castelo, e atopa áa súa muller cun brazo cortado, botando sangue.
 
== Galicia ==
{{AP|O lobo na cultura popular galega}}
En Galicia a tradición sinala que se un matrimonio ten sete ou nove fillos varóns sen que nacese femia ningunha polo medio, o último queda marcado polo estigma da fada, converténdose en lobishome, foxe para o bosque por un período de sete anos (aínda que segundo as zonas pode variar entre seis e nove anos), e nese tempo non pode ser ferido nin capturado. Con todo, na tradición galega tamén existe o neno que nace xa cos síntomas do lobishome e que padece ciclicamente os síntomas.
 
Un dos casos máis coñecidos de lobishome foi [[Manuel Blanco Romasanta]], o home lobo de [[Allariz]].