Morgado: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
WTM (conversa | contribucións)
m interwiki
Toro -> Toro, España
Liña 1:
ChámaseO '''morgado''' áé a práctica de repartir a [[herdanza]] de xeito desigual, transmitindo a parte principal dos bens a un dos herdeiros, tradicionalmente o primoxénito varón. O morgado instáuraseinstaurouse na [[Galiza]] na [[Baixa Idade Media]] como parte do proceso da [[formación das liñaxes na nobreza galega baixomedieval]]. Estes bens tiñan carácter inalienábel e indivisíbel, debendo permanecer para sempre no seo da [[familia]].
 
Institucións similares existiron noutros países europeos, dando lugar á posición social da [[aristocracia]], de forma que o groso do patrimonio dunha familia non se diseminaba, senón que só podía aumentar. Estas institucións non eran exactamente o mesmo, asi o ''majorat'', instituído por Napoleón e regulado no estatuto do [[1 de marzo]] de [[1808]] como forma de transmisión dos títulos de nobreza e os seus bens asociados. Na comunidade polaco-lituana, o seu nome era ''ordynacja'' e foi introducido a finais do século XVI polo rei Stefan Batory.
 
==O ''mayorazgo'' castelán==
O ''mayorazgo'' é creado mediante as Leis de [[Toro, España|Toro]] en [[1505]], baixo o reinado dos [[Reis Católicos]] (emboramalia que a raiñaraíña xa morrera, deixara estabelecida a súa vontade no testamento). A súa función era controlar o fraccionamento dos bens dun nobre que producían as herdanzas e as vendas, como un medio de manter o seu poder económico. Algunhas familias da incipiente burguesía castelá acolléronse tamén a esta figura legal.
 
A creación dun ''mayorazgo'' comezaba usualmente coa vinculación dun solar ou casa solar. Ás veces, estes vínculos incluían un [[título nobiliario]], que pasaba xunto ao resto de bens, mentres que a todos os excluídos do morgado se lles provía dalgún xeito a condición de [[fidalguía]]. A institución contemplaba a posibilidade de engadir novos bens ao vínculo, pero os bens xa vinculados non poderían ser alienados nin repartidos en herdanza.
Liña 13:
Este sistema de vinculacións económicas foi criticado no ''Informe no Expediente da Lei Agraria'' escrito por [[Gaspar Melchor de Jovellanos]] a pedido da Sociedade Económica de Amigos do País madrileña, cuxa consecuencia directa foi a [[desamortización]] de [[Manuel Godoy]] en [[1798]].
 
A institución do morgado estivo vixente até a Lei Desvinculadora de [[1820]] que suprimiu todos os vínculos. A pesar diso perdurou algún tempo nalgunhas zonas mediante unha artimaña legal, xa que a lei non contemplou as doazóns entre vivos. O posuidor do morgado dáballo ao seu fillo como achega ao seu matrimonio, o fillo pasaba a ser o novo señor e os seus pais a gozar do usufructousufruto por vida da metade da casa solar.
 
A partir dese momento, con contadas excepcións, as subdivisións por herdanza da maioría das grandes casas españolas fixeron que perdesen paulatinamente o seu pasado esplendor e poder.