Convergència Democràtica de Catalunya: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Cheluco (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Cheluco (conversa | contribucións)
m imaxe
Liña 20:
 
== Fundación ==
[[Ficheiro:Jordi Pujol.JPG|thumb|Jordi Pujol, primeiro líder de CDC]]
O partido foi fundado na I Asemblea fundacional no Santuari de la Mare de Déu de [[Montserrat]] o [[15 de novembro]] de [[1974]], nunha reunión semiclandestina aproveitando o 75 aniversario do [[FC Barcelona]], organizada por [[Miquel Sellarès i Perelló]] e Miquel Esquirol. Nela participaron 125 persoas, entre elas [[Joan Granados i Duran]], Marc Teixonera, [[Jordi Pujol i Soley]] e [[Anton Cañellas]], alén dun grupo de persoas próximas a Jordi Pujol, como Jaume Casajoana, Xavier Polo, Rafael Pradas, Oriol Panyella e Lluís Maria Sunyer. A maioría eran profesionais independentes, algúns sindicalistas e membros de movementos confesionais próximos a [[UDC]]. Na reunión Jordi Pujol definiu ''fer país'' como o devezo de formar unha determinada moral, transformar as mentalidades e construír a colectividade catalá, reformar a lingua, expandir a cultura catalá, reformar as tradicións e crear unha nova mentalidade económica. A reunión remata co apoio á defensa da democracia e da liberdade, así como á participación social, ó autogoberno e á proxección europea de Cataluña.